Etiquetas de Mautic

Victoria para Paula Esteiro en Baio, con Cristian Muiño segundo

Marcas persoais en Marín e distintos podios en Vilagarcía

Longa e nocturna fin de semana para SD Compostela, con tres probas, todas elas na noite para mitigar as temperaturas cálidas do verán. Unha vez máis, todas elas contaron con grandes resultados para os nosos atletas, superándose nos seus rexistros.

Comezamos o pasado venres coas competicións, nos 10k homologados de Marín, homenaxe ao gran Manuel Rosales. En cabeza de carreira tivemos a Amador Pena, nuns primeiros quilómetros máis lentos do agardado, ata que precisamente o noso atleta, xunto con Juan Negreira, puxéronse a aumentar a velocidade ao paso polo km4. Cunha gran segunda parte de carreira, o tempo de Amador quedou en 33:44 para ser 4o absoluto e 1oMáster, quedando a 11 segundos do 3o absoluto, Jorge Puig.

Por detrás chegaba un Jordi Carrasco que se tomou a proba a modo adestramento, para entrar en 36:29. Moi preto, un dos nosos gañadores, primeiro sub18, sería Yago Iglesias, rexistrando a súa primeira 10k homologada con 36:42.

Lennon Almeida chegaría a continuación con MMP en 37:16. Manu Castiñeiras rexistraría 37:55. Juanito rexistrou 42:17. Dani Garcia 43:02. Elena Veres sería a primeira das nosas mulleres, subido ao podio sénior como terceira e rexistrando 44:52. Juan Alvarellos chegaría a continuación con 45:28. María Tarrio, no Top10 feminino, con 45:55. Fernando Casal, na súa preparación para a Maratón de Coruña, con 49:16. Sonia Rodríguez, 52:20. Nuria Mejuto, 52:28; e Malena Amigo, que rexistrou a súa mellor marca con 59:31.

Nas categorías menores tivemos en Sub14 a Lucía Taboada, no quilómetro homologado, con 4:12; e o debut de Iago Mateos, en Sub16, cun 3o absoluto rexistrando 3:05.

24 horas despois, na noite de Vilagarcía, algúns atletas dobraron proba. María Tarrío foi unha das que dobrou para ser 4o absoluta e primeira MásterB con 44:59. Manu Castiñeiras foi 4o Máster A con 37:51. Sindo González foi 7o Máster A con 38:45; e Nuria Mejuto foi 5a Sénior con 51:33.

En Vilagarcía tamén houbo unha boa representación de menores con Hugo Otero, Clara López, Lucía Taboada, Marcos Barcala e Xoel López.

Mentres algún dos nosos compostelanistas corrían polo porto de Compostela, na porta da Costa da Morte, en Baio, tiñamos desfrutando a varios dos nosos atletas máis asiduos desa zona. Paula Esteiro, sería a vencedora absoluta desta primeira edición.

Cristian Muiño, que impuxo un forte ritmo de saída para tentar descolgar a Martin Regueira e a Amador, sabedor do rápido final destes dous medio fondistas, puido ser finalmente segundo absoluto tras Martín. Amador, pola contra, retirouse no paso polo km5 con molestias nas costas.