



- Premios para Amador Pena e Yago Iglesias na Carreira do Apóstolo de A Laracha
- Volveu o Circuíto da Costa da Morte en Muxía con éxitos para Yago Iglesias, Barca Toba e Elena Veres
As citas deportivas de Laracha e de Muxía centraron a atención dos nosos atletas a pasada fin de semana e foron varios os que dobraron nas dúas carreiras: Manuel Castiñeiras, Malena Amigo e Yago Iglesias.
A Laracha reuniu o sábado en torno a 500 atletas para desfrutar dunha tarde de deporte ao aire libre na que os termómetros acompañaron con temperaturas moi elevadas. O míster Amador Pena foi segundo na V Carreira Popular do Apóstolo 10K e Yago Iglesias proclamouse vencedor da proba Sub-18. Amador levou a prata logo de completar o circuíto en 34:37.
Jordi Carrasco e Manuel Castiñeiras fixeron o propio en 38:15 e 39:30, seguidos de Juan Amigo 42:22 (MasterC-3) e Pedro Pazos, quen volveu á competición despois dunha lesión nun pé e rematou en 44:51. A nosa Malena Amigo foi a única representante feminina presente na probaabsoluta, que finalizou en 1:01:26 (Máster C-3). Yago Iglesias levou a premiación por ser o máis
rápido da proba Sub18 (17:38) e Ariana Iglesias foi a terceira rapaza máis veloz da categoría Sub-12 (4:49).
O domingo o punto de encontro para os nosos atletas estivo no paseo da Mariña en Muxía, de onde saíu cada unha das probas celebradas onte na vila da Costa da Morte. A brisa do mar foi ben recibida polos atletas que tiveron que correr cunha mañá solleira e abafante, o que afectou nos ritmos de carreira. Barca Toba (1a), Elena Veres (3a) e Yago Iglesias (1o XUV) foron os dous
atletas premiados da SD Compostela Atletismo.
Barca Toba amosouse intratable na distancia curta dos 3K da que foi gañadora absoluta con 11 minutos 26 segundos. En dita proba tamén participaron Antía Botana (F9) e Malena Amigo (F26).
Mentres, na distancia longa dos 10K estiveron: Damián Espasandín (M11), Manuel Castiñeiras (M17), Elena Veres (F-3), Roi García (M62), Nuria Mejuto (F12), Juan Luis Botana (M89) e Sonia Rodríguez (F25). En categorías Xuvenil, Yago Iglesias cruzou a liña de meta en primeiro lugar, logo de percorrer os 3K nun tempo 9:51. Na carreira Alevín tamén houbo camisolas branquiazuis coa participación de Marcos Barcala e Ariana Iglesias.