
Prezado obradoirista;
Xa temos abertos os prazos de inscrición para os nosos campus de verán. Ademais do IX Campus Obradoiro Jealsa (Concello de Boiro) e do II Campus Obradoiro Cabreiroá (Concello de Oroso), este ano engadimos un terceiro, que terá lugar no Concello de Lalín.
Aquí vos deixamos toda a información:
1. II Campus Obradoiro Cabreiroá (do 4 ao 8 de xullo)
Concello de Oroso.
De 09:30 a 13:30 e de 16:00 a 19:00 horas.
Entre 6 e 18 anos.
Dispoñible autobús Santiago – Oroso (Saída desde Sar).
2. I Campus Obradoiro Lalín (do 18 ao 22 de xullo)
Concello de Lalín.
De 09:30 a 13:30 e de 16:00 a 19:00 horas.
Entre 6 e 18 anos.
Dispoñible autobús Santiago – Lalín, con parada en Silleda (Saída desde Sar).
3. IX Campus Obradoiro Jealsa (do 27 de xuño ao 2 de xullo)
Aproveitamos a ocasión para informarvos que ampliamos un número limitado de inscricións en Boiro para as categorías de Babybasket (nados no 2014, 2015 e 2016), Premini (nados no 2012 e 2013) e Minibasket (nados en 2010 e 2011).
Concello de Boiro.
De 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:45 horas.
Entre 6 e 18 anos.
Dispoñible autobús Santiago – Boiro (Saída desde Sar).
Podes consultar os prezos e descontos nas fichas que che xuntamos: