

- Terceiro posto para Fran Méndez no esixente Ultratrail «Os 100 do Barbanza»
- Vitoria para Nuno Costa en Begonte e 1o posto por equipos para a SD Compostela Atletismo
- Excelentes resultados dos nosos atletas en Lourenzá, Ribeira e Cabo Udra
Son datas especias para a Sociedade Deportiva Compostela, que vén de cumprir 60 anos de historia e os nosos atletas celebrárono participando nunha chea de probas por toda a comunidade nas que luciron o escudo do noso club no peito.
O sábado houbo probas en Lourenzá e Begonte e ata a provincia lucense desprazáronse tanto atletas adultos como cativos, en idade escolar, que están a desfrutar dos primeiros días das vacacións de verán facendo atletismo. No XIII Campionato Xunta de Galicia de Milla en Ruta 2022 e Cto. Xunta de Galicia, a nosa atleta Sub12 Clara López levou a medalla de bronce. Tamén estiveron outras das nosas corredoras máis novas como Ariana Iglesias, África Gil e Daniela Gil.
Na proba absoluta, Emilio García foi 4o na categoría Máster e Yago Iglesias obtivo o 6o posto na correspondente categoría Sub18.
En Begonte, na V Carreira Popular Concello de Begonte, o equipo formado polos atletas Nuno Costa (1o), Amador Pena (4o), Iván Abeledo (6o), Manuel Castiñeiras (14o), Borja Cardesín (20o) e Roi García (63o) levou a vitoria por equipos, tras sumar o menor tempo en carreira de todos os participantes. Ademais do premio grupal, Nuno Costa foi gañador absoluto da proba cun tempo de 21:53 en 7km de percorrido.
Pero sen dúbida ningunha, a proba máis dura e esixente da xornada foi o Ultratrail «Os 100 do Barbanza», cun percorrido que transcorreu polos sete concellos da Comarca do Barbanza, con punto de inicio e final en Lousame pasando por Rianxo, Boiro, A Pobra, Ribeira, Porto do Son e Noia. O noso Fran Méndez foi quen de completar a fazaña e atravesar a liña de meta na 3a posición xeral, completando este ultratrail en 12 horas 15 minutos 59 segundos.
Na xornada do domingo, dúas probas centraron a atención dos nosos atletas: II Carreira 5K El Canario en Ribeira e o VI Cross Popular Cabo Udra. Na vila do Barbanza estiveron María Tarrío, que foi 3a absoluta da carreira; Yago Iglesias, que ademais de facer dobrete tras correr en Lourenzá quedou en 2a posición Sub18, e Malena Amigo, que foi 3a Máster2. Canda eles tamén participaron: Juan Luis Amigo (M27) e Ángel García (M39). Dous dos nosos atletas máis novos, Ariana Iglesias e Breo Abel correron nas diferentes probas de categorías escolares.
Pechando as competicións desta fin de semana, Sindo González e Alejandro Montero vestiron a camisola branquiazul no Cross Popular Cabo Udra. Na carreira popular 4K, Sindo chegou a meta en 3a posición facendo un tempo de 14:58. Alejandro Montero, que corre una proba absoluta de 10K, foi 4o xeral e 3o da categoría completando a proba polo entorno de Cabo Udra en 39:29.