Etiquetas de Mautic

Ampla participación e grandes resultados dos atletas branquiazuis por toda Galicia

A SD Compostela Atletismo tivo unha xornada cargada de competicións, con multitude de corredores por toda a Comunidade, moitos deles acadando grandes resultados nas diferentes probas.

En TORREVIEJA, Alejandro Montero foi convocado coa Selección Galega de cara a súa participación no Campionato de España por Selecciones FEDDI. O atleta ourensán da SD Compostela Atletismo participou en diferentes probas puntuables para a Selección, sendo destacable a súa vitoria nos 10.000 metros. O combinado galego obtivo o subcampionato de España neste importante evento para a promoción do deporte e igualdade de oportunidades.

En SILLEDA, a SD Compostela Atletismo foi un dos clubs que maior número de corredores aportou á xa clásica 7K da Semana Verde, mostra do compromiso do noso club coas actividades deportivas que se realizan no rural galego. A marea branquiazul que participou na cita do venres pola tarde recolleu unha ampla cantidade de trofeos en diversas categorías, dende Sub10 e Sub14 coa excelente participación das nosas cativas Daniela Gil e África Gil, ata os adultos; entre os que destacan o segundo e terceiro posto en categoría feminina de Martina López e Adriana Pensado. Tamén estiveron: Borja Cardesín (1oMásterA), Manuel Castiñeiras (2oMásterA), María Tarrío (1oMásterA), Nuria Mejuto (1oSenior), Elena Veres (2o Senior), Tania Alcalde (2oMásterA) e Juan Luis Botana (4oMásterD).

En CELANOVA, a carreira nocturna que se celebrou na noitiña do sábado animou a participar a un grupo de atletas en idade escolar da SD Compostela Atletismo. Carme Dapena, Xandre Dapena, César Ramos, Ramón Ramos e Xabi Alegre asistiron ao evento no que correron baixo as estrelas da vila ourensá.

En ZAS, a quinta cita do Circuito Correndo pola Costa da Morte tivo lugar na xornada da tarde do sábado, un evento de gran despregue organizativo que transcorreu polas pistas e os sendeiros da vila de Soneira. De novo Yago Iglesias impúxose como o atleta Xuvenil máis rápido da proba cubrindo a distancia oficial en 10:02. Tamén participou, en categoría alevín, a nosa atleta Ariana Iglesias.

Nicolás Iglesias (6o), Laura Botana (7a) e Antía Botana (10a) participaron na proba dos 3K e na de 10K, Elena Veres cruzou a liña de meta como 2a clasificada da categoría Senior, 5a na xeral, cun tempo de 42:36. Canda ela tamén estiveron Manuel Castiñeiras (M48) e Juan Luis Botana (M107).

En CARBALLO, Nuno Costa foi quen de chegar na 2a posición nunha das carreiras máis destacables do circuíto de carreiras deste ano 2022: 10K Carballo. O atleta portugués da SD Compostela Atletismo fixo un tempo de 30:28, a tan só 7 segundos do campión da proba. Nuno está a demostrar o gran nivel no que se atopa e que o reafirman coma un dos corredores máis veloces do momento da nosa comunidade. Dous atletas máis da SD Compostela Atletismo participaron en dita proba: Pedro Pazos, que fixo un tempazo de 39:45 e acadou unha moi meritoria 6a posición da categoría Máster3, e Roi García que chegou á meta en 48:22. Ademais, Marcos Barcala defendeu as nosas cores na proba Sub12/14.

En LUGO, Clara López, unha das nosas atletas en idade escolar, participou no Campionato de Galicia Sub10, Sub12 e Sub14 en pista ao aire libre, logo de obter unha das 16 mellores marcas de Galicia na proba dos 2.000m. Clara realizou unha boa actuación no Estadio do Gregorio Pérez Rivera e cubriu a distancia en 8:34:37.

En VIGO, na segunda xornada das Series Municipais estiveron os atletas Santi Dapena e Lennon Almeida. Santi suma unha proba máis, desta vez cun tempo de 55.54 na de 400 metros, camiño da preparación para o nacional de Tenerife dentro de 10 días. Por outra parte, Lennon materializou o seu debut en pista cun magnífico resultado de 56.14 na proba de 400m.Por último, en A CORUÑA tivo lugar a cita máis emocionante da xornada: a carreira Runki, un evento benéfico a favor da inclusión organizada polas fundacións ENKI E Adcai. Portando capas de superheroínas e superheroes, os corredores atravesaron os 7km de percorrido nun ambiente animado e festivo onde os resultados eran o de menos. Amador Pena e Nuria Mejuto participaron desta actividade na que ademais, o noso adestrador foi empurrando un dos carros running dos cativos participantes.