Etiquetas de Mautic

Segunda vitoria consecutiva do Sigüeiro FC

O filial escala posicións na Fase de Ascenso

A reducida xornada para os equipos da base da SD Compostela, na que se pecharon as fases regulares da competición deixou como notas positivas en Fútbol 11, no seo do club, o segundo triunfo consecutivo do Sigüeiro e a salvación do Compos Nicrariense. Pola súa banda, no aspecto negativo, o Cadete A consumou o seu descenso a Liga Galega.

Xuvenil A

O Xuvenil A non puido dar a sorpresa, coma si fixera na primeira volta, contra o Deportivo, caendo na casa por 1-7 contra o conxunto coruñés. Os nosos loitaron con todo, especialmente no primeiro acto, no que un gol de Hugo Alvarellos, nos últimos compases, meteu aos compostelanistas no duelo. Con todo, na segunda metade, os herculinos sentenciaron a contenda.

Agora, buscando acabar a liga da mellor maneira posible, afrontan a última saída da tempada para medirse este sábado, ás 16.00 horas, ao Covadonga.

Sigüeiro FC

O filial compostelanista sumou a segunda vitoria consecutiva, novo triunfo alcanzado con idéntico resultado e cunha remontada similar. Así, do mesmo xeito que contra o Montañeros, os nosos superaron 2-1 ao Betanzos tras repoñerse do primeiro tanto visitante. Nesta ocasión, o pichichi Diego Fuentes, no 67, e Roi Rama, no último minuto, selaron os tres puntos. Con iso, suman doce unidades e marchan cuartos na táboa, con algunha posibilidade de seguir subindo e poder alcanzar, polo menos, a clasificación para as fases previas da Copa do Rey.

SD Compostela B

A fase de ascenso non está a ser doce para os intereses do Zona Vella, debido a que tras sumar o primeiro triunfo, fai quince días, esta vez caeron 5-1 contra o líder e favorito a subir de categoría, o Silleda. Os compostelanistas adiantáronse no marcador á media hora, aproveitando un gol en propia porta dos locais, pero rapidamente reaccionaron.

Cadete A

Pola súa banda, o Cadete A consumou o seu descenso de categoría tras empatar de novo contra o Victoria. Os resultados curtos condenaron aos branquiazuis que se despiden de División de Honra tras dúas tempadas de moita aprendizaxe. No que respecta ao citado encontro, os nosos igualaron 1-1 contra o conxunto coruñés, sendo Dani Noya o autor do gol.

A maiores, citar a permanencia matemática do Compos Nicrariense, cunha xornada de antelación, tras empatar 2-2 contra o Atlético Fátima.

Así mesmo, en Fútbol-8, cabe citar o campionato de liga conseguido polo Alevín Josiño e o Benxamín Rafa Mella en Segunda Galicia. Agora, ambos equipos pelexarán polo ascenso a Primeira Galicia.