Etiquetas de Mautic

NOVA DATA: A SD Compostela e As Cancelas organizan o 3×3 de Futbolísimos o luns 16 de maio

  • Os equipos serán de categoría prebenjamín (nacidos en 2014-2015), cun mínimo de 3 xogadores e un máximo de 6
  • O evento está patrocinado por Cobre San Rafael

A SD Compostela, As Cancelas e a coñecida saga dos Futbolísimos uníronse para organizar este próximo luns 16 de maio unha gran xornada lúdico-festivo de fútbol 3×3 para os máis pequenos. Dirixido a nenos e nenas de categoría prebenxamín (nados en 2014-2015), levarase a cabo no aparcadoiro exterior da área comercial durante a tarde (de 17.30 a 21.30 horas), baixo unha modalidade moi divertida e dinámica. A inscrición para a cita xa se atopa aberta na web do club (www.sdcompostela.com) e pecharase cando se inscriban os 16 equipos previstos. A actividade non está dirixida exclusivamente a clubs, senón tamén a grupos de amigos que queiran gozar dunha tarde de fútbol e diversión.

Para inscribirse, cada equipo deberá estar formado por un mínimo de tres xogadores e un máximo de seis, que deberá acudir provistos cunha camiseta da mesma cor. Os partidos desenvolveranse con dous conxuntos de tres xogadores, un deles ocupando a demarcación de porteiro, que poderá actuar con total liberdade fose da área.

Para que a diversión non se deteña instalaranse dous campos na zona exterior de As Cancelas, cunhas medidas de 10×6 metros, nos que o balón non poderá saír para favorecer a dinamización duns encontros cunha duración total de 18 minutos, divididos en tres cuartos de seis cada un e dous de descanso entre medias.

A xornada estará apadriñada por dous dos buques insignia do club, que estarán presentes de forma activa durante toda a tarde: Pato Guillén e Pablo Antas. Este último foi o encargado de redactar a normativa que rexerá o desenvolvemento dos partidos.

Ditas normas están orientadas a que todos os nenos gocen por igual, sexa cal sexa o resultado: durante os dous primeiros cuartos non se poderán realizar cambios durante o xogo, salvo causa de forza maior. Pola contra, aqueles que non xogasen na primeira parte, deberán facelo obrigatoriamente na segunda. Mentres tanto, na terceira e última, haberá unha xanela de cambios para cada equipo.

Así mesmo, como novidades, no saque de meta o equipo rival deberá agardar no seu campo e as faltas en campo ofensivo executaranse de maneira directa, coa única oposición do porteiro.

O sistema de puntuación para decretar os gañadores sumaranse en función dos cuartos. Así, por cada cuarto gañado acumúlase 1 punto, os empatados 0,5 puntos e os perdidos 0 puntos. Ao final establecerase unha clasificación cos puntos sumados por cada equipo.

En caso de empate, procederase ao desempate seguindo as seguintes normas, por esta orde: non contar con ningunha expulsión por conduta antideportiva, menor número de tarxetas vermellas, menor número de tarxetas amarelas, maior número de cuartos gañados no enfrontamento directo, maior número de cuartos gañados no total de encontros, menor número de cuartos perdidos no total de encontros, maior número de cuartos sen recibir gol e por sorteo (Moeda ao aire).

Non o penses máis e inscribe ao teu equipo para o torneo na web do club (www.sdcompostela.com) ou entrando directamente nesta ligazón

https://bit.ly/Inscripcion3x3Compos

cubrindo o formulario de inscrición. Haberá multitude de premios cedidos polos Futbolísimos, As Cancelas e, como non, a SD Compostela.

Esta xornada enmárcase dentro da espectacular exposición que organiza o Centro Comercia As Cancelas con motivo do día do libro, no que se expoñerán en formato xigante 19 dos libros máis representativos dos futbolísimos e na que a SD Compostela tamén estará presente.