Etiquetas de Mautic

Fase final 1a Div. Infantil Liga Gallega

Obradoiro CAB en O Noso Deporte

O Cenor Obradoiro perde na semifinal da Fase Final da 1a División Infantil de Liga Galega ante o PBB Porriño, pero xogará pola última praza para o Campionato de España

O Cenor Obradoiro comezou o día co partido ante o Traumacor Culleredo, o partido de cruces para pasar á semifinal da 1a Div. Infantil de Liga Galega.

O encontro non puido comezar de mellor forma. O Obra levaba o ritmo do encontro, anotando as primeiras canastras e acertando dende o perímetro. En defensa estaban a facer un traballo fantástico, con boas axudas sobre as penetracións e pechando ben o rebote en equipo.

No segundo cuarto os composteláns baixaron a porcentaxe de anotación e tivo máis problemas en defensa, algo que aproveitou Culleredo penetrando moi forte ao aro e convertendo varias canstras.

O segundo tempo comezou da mesma forma. Co obra saíndo moi motivado do vestiario e subindo de novo o ritmo do partido. Grazas a compartir o balón en ataque e co xogo sen balón de cara ao aro, foron capaces de anotar de forma sinxela en ataque e subir a diferenza no electrónico de novo.

O último cuarto foi a favor de Culleredo. O Obra baixou o nivel defensivo e Culleredo aproveitou para sumar dende o poste baixo e no rebote ofensivo.

Aínda así, o Cenor Obradoiro foi quen levou a vitoria por 103-84.

Os parciais por cuartos foron: 35-16, 20–18, 29-21 e 19-29.

No encontro da Semifinal, o Cenor Obradoiro enfrontouse ao PBB Porriño. O encontro comezou moi igualado, con ambos equipos defendendo moi ben. O peche do rebote foi clave para que os obradoiristas non permitisen que o Porriño sacase unha vantaxe no inicio do encontro.

O segundo cuarto comezou de forma parecida, con ambos equipos xogando ben defensivamente, pero foi o Porriño o que se comezou a sentir máis cómodona pista, presionando aos obradoiristas e roubando balóns para correr en contraataque e sacar as primeiras vantaxes.

O terceiro cuarto foi moi parecido, co Obra mellorando as súas situacións de ataque, con máis velocidade, pero sen o acerto nos tiros abertos e sen presencia no rebote ofensivo. Atrás continuou tendo problemas xa que Porriño seguía atopando as vantaxes no poste baixo e tamén dende o triple para seguir aumentando a vantaxe no marcador.

No último cuarto, o Obra foi capaz de solucionar os problemas das perdas de balón na saída da presión, pero sufriu fallando varias canastras fáciles cerca do aro, tendo problemas despois no balance defensivo para frenar os contraataques do Porriño, que se levou a vitoria por 87 a 62.

Os parciais por cuartos foron: 17-17, 23-15, 24-16 e 23-14.

Así, o Cenor Obradoiro aínda ten unha oportunidade para clasificarse para o Campionato de España Infantil ao gañar ante Culleredo no primeiro encontro. O seu próximo partido será o sábado 21 de maio contra o Novobasket.