Etiquetas de Mautic

Crónicas canteira fin de semana Obradoiro CAB-SAD

Obradoiro CAB en O Noso Deporte

1a DIV. CADETE: Balidea Obradoiro

O Balidea Obradoiro repite como Campión Galego Cadete ao vencer ao Ensino de Lugo na Fase Final (90-72)

O Balidea Obradoiro disputou a Final do Campionato Galego Cadete ante o Ensino de Lugo, estando xa ambos equipos clasificados para o Campionato de España.

O encontro comezou cun Ensino que saíu moi enchufado e con moito acerto en ataque, sorprendendo aos do Balidea Obradoiro, que non eran capaces de organizar a súa defensa, chegando ao final do primeiro cuarto cunha vantaxe de 9 puntos favorable aos de Lugo (19-28).

No segundo cuarto, os obradoiristas foron quen de subir o nivel defensivo, controlar o rebote e correr a pista, impoñendo así o seu ritmo habitual de competición, dándolle a volta ao marcador para chegar ao descanso cun 49-40.

Tras o paso polos vestiarios, o encontro continuou con ambos equipos facendo un gran esforzo defensivo, con presión a toda pista e cun gran traballo nas liñas de pase. En ataque, intercambiaban canastras cerca do aro, pero os do Balidea Obradoiro seguían mantendo un bo nivel defensivo, conseguindo ampliar a vantaxe ata os 20 puntos no final do terceiro cuarto (71-51).

No último cuarto, o encontro seguiu cun gran ritmo e intensidade, cos lucenses sen perderlle a cara ao partido, competindo nunha gran final polo título da categoría. Finalmente a vitoria foi para os obradoiristas, proclamándose Campións Galegos (90-72).

Os parciais por cuartos foron: 19-28, 30-12, 22-11 e 19-21.

O Balidea Obradoiro prepara así a súa viaxe ao Campionato de España Cadete en San Fernando (Cádiz ), que se disputará entre o 15 e o 21 de maio.

1a DIV. INFANTIL: Cenor Obradoiro

O Cenor Obradoiro suma unha vitoria contra o Instituto Rosalía para rematar a tempada con bo pé (63-55)

O Obra comezou o partido en boa dinámica, podendo presionar ben o balón e non permitindo a Rosalía xogar cómodo en ataque.
O traballo no rebote era para destacar, onde o Obra non deixou nin un rebote ofensivo ao rival a no primeiro cuarto. Diante o equipo foi capaz de enlazar moitas accións ofensivas de calidade grazas a bo xogo sen balón e pase do balón.

No segundo cuarto o Obra volveu ensinar o seu bo modo de compartir o balón en ataque, esta vez mellorando a velocidade de subida do balón tras rebote defensivo e subindo o ritmo do partido en todos aspectos. Tamén foi capaz de manter un bo nivel defensivo, deixando ao Rosalía en só 14 punto polo cuarto.

O equipo de Rosalía foi capaz de manterse no partido grazas ao seu traballo no rebote ofensivo, aproveitando o mal peche do rebote do Obra. Ao descanso o Obra foise cunha vantaxe de 12 puntos.

No segundo tempo o ritmo do partido baixou e o traballo defensivo dos dous equipos destacou. No terceiro cuarto foron as perdas de balón as que fixeron que o Obradoiro non sumase moito no marcador. Atrás continuou a defensa forte do Obra, defendendo ben as liñas de pase e mellorando o peche do rebote.

O último cuarto foi dominado polo Rosalía. O Cenor Obradoiro baixou o seu nivel defensivo e fallou moitas opcións fáciles de anotar en ataque. Pero continuou traballando en equipo, tentado pasar o balón, buscando o mellor tiro posible e rotando moito o banco para tentar subir o ritmo.

Ao final do partido o Obra conseguiu a vitoria, pechando a tempada regular cun ollo posto na Fase Final a semana que vén.
Os parciais por cuartos foron: 18-10, 18-14, 13-10, 14-21.

O próximo partido será o sábado 14 de Maio en Porriño onde se disputará a fase final da 1a División da Liga Galega.

2a DIV. INFANTIL: Bahía Software Obradoiro

O Bahía Software Obradoiro faise cunha vitoria en Noia (63-80) Esta fin de semana xogouse o primeiro partido da Copa Primavera para o Bahía Software Obradoiro.

No primeiro cuarto xa se vislumbrou o tónica do partido. Ambos conxuntos xogaban a posesións moi rápidas e o cansazo e o nivel das rotacións serían importantes cara o final. Un primeiro parcial competido remataba cunha mínima vantaxe obradoirista (16-18).

Os noieses concedían moita distancia ao balón na media pista e os infantís non dubidaban en situacións de 1×1 e tiros liberados. Anotaban con facilidade, mentres que os locais castigaban o balance defensivo do Obradoiro, chegando ao descanso cunha renda favorable (33-40).

No terceiro cuarto, a imaxe do partido era parecida. Os de Noia, con tan só sete xogadores, apuraban as súas opcións a campo aberto e no rebote ofensivo. O Bahía Software era capaz de aguantar nos momentos malos e manterse sólidos no seu xogo. O último parcial comezaría con todo por decidir (55-57).

O alto ritmo de xogo conseguido grazas á defensa a toda pista, a verticalidade en ataque e os segundos esforzos durante todo o encontro, déronlle aos visitantes un parcial no momento definitivo. Acompañado do acerto nos tiros liberados, conseguiron unha xusta vitoria para seguir adiante na Copa Primavera (63-80).

Os parciais foron: 16-18, 17-22, 22-17 e 8-23.

O seguinte partido será a próxima fin de semana, en horario e rival por determinar.