Etiquetas de Mautic

2a DIV. JUNIOR: Grupo Caeiro Obradoiro Vedra

Obradoiro CAB en O Noso Deporte

O Grupo Caeiro Obradoiro Vedra remata a tempada cunha vitoria en Xinzo (51-77)

O Grupo Caeiro Obradoiro visitou a pista do Xinzo para disputar o derradeiro encontro da tempada.

Dende o salto inicial, os obradoiristas lograron facerse co control do xogo grazas á súa gran presión defensiva e á súa superioridade no rebote defensivo, o que lles permitiu sumar puntos ao contraataque e endosar unha diferenza de dez puntos nos primeiros minutos.

No segundo cuarto, os de Xinzo melloraron o seu nivel defensivo, aumentando os contactos e realizando un gran traballo no balance defensivo. Pero os obradoiristas estiveron moi serios en todo momento e, grazas a unha gran circulación de balón, seguiron ampliando a vantaxe para irse ao descanso cun 20-40 ao seu favor.

Tras o paso polos vestiarios, os locais deron mostra de querer rematar a tempada despedíndose na súa pista cunha vitoria. Sen embargo, e pesa aos problemas ofensivos en moitos momentos, o Grupo Caeiro Obradoiro Vedra mantivo a súa intensidade defensiva, logrando igualar os dous últimos parciais e pechar a tempada con vitoria por 51-77.

Os parciais por cuartos foron: 8-19, 12-21, 20-20 e 11-11.

Con esta vitoria o Grupo Caeiro Obradoiro Vedra pon punto e final a unha tempada quedando a un só posto de disputar a final da 2a Div. Galega e proclamándose Campión da delegación de Santiago. Unha gran tempada para todo o equipo que supón a despedida de categoría para moitos xogadores que levan máis de seis anos nas categorías inferiores do Monbus Obradoiro.