Etiquetas de Mautic

Vitoria de Nuno Costa na SantYago 10K e de Amador Pena no Memorial Juan Vidal Pérez

Unha ampla representación branquiazul estivo presente na proba nocturna de Compostela

Regresou a clásica SantYago nocturna de 10K e os atletas da SD Compostela Atletismo aproveitaron para gozar dunha das poucas carreira que se celebran na capital de Galicia a presente temporada. Esta cita permitiu aos nosos «xogar coma locais» nun percorrido familiar e coñecido por moitos.

Nuno Costa proclamouse vencedor absoluto da proba que percorre as rúas máis emblemáticas de Santiago de Compostela e que o atleta branquiazul completou en 30:39. Foron moitos os atletas do club os que gozaron do gran ambiente festivo da proba deportiva á que acompañou un clima agradable e termómetros elevados. Ademais, Shaila Muñiz e María Tarrío tamén levaron premios na súa categoría, como 2a e 3a Máster A.

Os restantes participantes do Compos foron: Martín Abelenda, Gerard Cachafeiro, Antonio Vázquez, Manuel Castiñeiras, Pedro Pazos, Francisco Espino, Jorge Castro, Fran Méndez, Fernando Paz, Ignacio Diéguez, Nuria Mejuto, Juan Luis Botana, Sonia Rodríguez, Jesús Baña, Silvia Fernández e Malena Amigo.

Pola súa banda, o domingo tamén se celebrou a XIV Carreira de O Porriño 10K, na que houbo representación compostelá. Despois de gañar a SantYago na xornada nocturna do sábado, Nuno Costa foi quen de rematar esta proba na matinal do domingo en 30:31 e asinar a 2a posición absoluta. Seguírono outros dos nosos Alejandro Montero, que parou o crono en 34:38, para ser 10o xeral e 5o da categoría; e Javier de Dios, que chegou a meta oito segundos por detrás do seu compañeiro, en 38:46 (11o e 6oM). Tamén correu Jordi Carrasco, quen fixo un tempo de 38:09 (M64 VTM45).

Na distancia curta de 5K participou Sindo González quen entrou en meta en 18:22, oitavo da xeral e 6o da categoría.

Na mesma xornada, en Ribeira, Amador Pena proclamouse gañador da II Carreira Memorial Juan Vidal Pérez, unha carreira solidaria de 5km na vila do Barbanza, na que a recadación foi destinada á AMPA Sagrado Corazón de Jesús de Castiñeiras.

Ademais da carreiras absolutas, esta fin de semana tamén foi tempo de competición oficial para os nosos atletas en idade escolar. O calendario XOGADE Atletismo en Pista citou ás atletas Benxamíns, Alevín e Infantil en A Pobra do Caramiñal, o pasado sábado, para a celebración de diversas probas combinadas. Alí estiveron:

  • Daniela Gil: Tríatlon FEM Sub10 (Peso, 50m e Lonxitude)
  • Iara Torres: Tríatlon FEM Sub12 (Lonxitude, 60m e Peso)
  • Clara López: Tríatlon FEM Sub12 (Lonxitude, 60m e Peso)
  • Ariana Iglesias: Tríatlon FEM Sub12 (Lonxitude, 60m e Peso)
  • África Gil: Tétratlon FEM Sub14 (80m valos, Lonxitude, Peso e 80m)
  • Paula Fernández: Tétratlon FEM Sub14 (80m valos, Lonxitude, Peso e 80m).