



O equipo feminino da SD Compostela Atletismo, segundo clasificado na Carreira Pedestre 8000 de O Pino
A xornada da fin de semana para a SD Compostela deixou tres grandes resultados, entre as múltiples competicións disputadas. Nuno Costa voou en Lugo para acadar a vitoria absoluta na Media Maratón, Yago Iglesias proclamouse subcampión de Galicia Sub-18 nos 3000m en Pontevedra e o noso equipo feminino foi segundo clasificado na Carreira Pedestre 8000 de O Pino.
O atleta Nuno Costa impúxose como o máis rápido na Media Maratón de Lugo que se celebrou este domingo en Lugo cun tempo de 1:05:47. Unha carreira dura, con moitas curvas e costas esixentes, onde Nuno amosou o seu gran estado de forma. Os últimos quilómetros foron decisivos para que o atleta branquiazul asinara a súa segunda vitoria consecutiva na proba lucense. En categoría feminina, Elena Veres foi quen de completar o percorrido en 1:37:10 e clasificarse entre as 8 mulleres máis rápidas da proba, obtendo a 3a posición da categoría Senior.
Medalla de prata para Yago Iglesias no Campionato de Galicia Sub18 na proba dos 3.000m celebrado en Pontevedra logo de asinar un magnífico tempo de 9:36:85. Á excelente temporada do noso atleta súmase este Subcampionato Galego que reflicte o traballo e o esforzo de Yago este ano deportivo.
En Pontevedra tamén estivo o atleta Sub18 Gonzalo Cao, que fixo un tempazo de 9:58:70 nos 3.000m e que lle valeu para conseguir a 5a posición desta competida proba.
As dúas probas que congregaron a un maior número de atletas branquiazuis foron as celebradas en Dumbría e O Pino. O sábado pola tarde tivo lugar a cuarta carreira do Circuito Correndo pola Costa da Morte, desta vez en Dumbría. Como en cada evento dentro do circuito de carreiras pedestres celebráronse dúas carreiras de 3K e 10K. Na distancia curta participaron: Nicolás Iglesias (6), María Tarrío (4), Laura Botana (14) e Malena Amigo (32). Tamén estiveron en Dumbría dúas das nosas atletas máis novas: Ariana Iglesias e Lucía Taboada.
A xornada deportiva en asfalto rematou o domingo na XVIII Carreira Pedestre Popular Concello de O Pino, cun percorrido de 8K para as categorías absolutas e diferentes distancias curtas para categorías menores. O éxito de participación dos nosos atletas conlevou que o equipo feminino conseguira a 2a posición na clasificación por clubs e o masculino levase unha meritoria 5a posición.
Equipo Feminino: Shaila Muñiz (3 Máster2), María Tarrío (4 Máster2), Nuria Mejuto (2 Senior), Sonia Rodríguez (8 Máster2), Silvia Fernández (3 Máster1) e Malena Amigo (6 Máster3).
Equipo Masculino: Borja Cardesín (4 Máster2), Lennon Almeida (7 Senior), Manuel Castiñeiras (7 Máster2), Pedro Pazos (13 Máster 3), Jorge Castro (33 Máster2), Juan José Alvarellos (42 Máster2), Alberto Carrillo (46 Máster2), Fernando Paz (16 Máster3), Roi García (50 Máster2), Juan Luis Botana (5 Máster4) e Jesús Manuel Baña (54 Máster2).Nas diferentes probas para atletas en idade escolar estiveron: Hugo Otero, Marcos Barcala, África Gil, Xoel Otero, Pedro Méndez, Hugo García, David Ferreiro, Claudia Castro, Elba Carrillo, Brais Alvarellos e Daniela Gil.
Tamén tivemos a dous atletas en diversas probas de montaña de moita esixencia: Julia Salvado asistiu ao Campionato de Montaña, con 8 km e máis de 400m de desnivel positivo. A nosa atleta Sub-18 encarou esta difícil proba de tramos moi técnicos, cruces de ríos e tramos de cordas, pese á choiva e á néboa.
E coma cada fin de semana de citas pola montaña, en Portosin estivo o noso atleta Fran Méndez que non faltou ao Maratón Barbanza 42K Xtosin Trail. Fran foi 5o clasificado e 4o da súa categoría neste duro Trail de máis de 1700m + e tramos técnicos nos que a néboa foi unha compañeira máis nos primeiros km do percorrido pero que finalmente levantou para poder gozar dunhas magníficas vistas.