Etiquetas de Mautic

Viravolta 2022. Torneo de ximnasia rítmica

Este sábado 23 de abril celébrase o VIRAVOLTA 2022 de ximnasia rítmica no pavillón de Santa Isabel patrocinado por Jael Joyería e coa colaboración do Concello de Santiago. Participarán cerca de 40 entidades de toda Galicia e aproximadamente 400 ximnastas. A competición realizarase en dúas quendas, a primeira de 9.00h.-12.00h. para os conxuntos de nivel autonómico e a segunda quenda de 12.00h.-14.00h. para as ximnastas de nivel absoluto (feminino e masculino) e os conxuntos de nivel nacional base.

O Club Viravolta Santiago, anfitrión do evento, organiza esta esperada cita para promover a ximnasia na cidade ademais de aproveitar o encontro para que as ximnastas de nivel nacional se preparen para a Copa Nacional de Conxuntos que se celebrará o próximo xoves 28 de abril no Palacio de Deportes de Santander.

O domingo 24 de abril haberá tamén dúas citas de ximnasia rítmica, unha en Ourense, organizada polo Club Ximnasia Pavillón donde o Club Viravolta participará con 3 conxuntos de nivel nacional, e tamén en Lugo, torneo organizado polo Club Gravitty onde o Club Viravolta particpará con 6 conxuntos de nivel autonómico.

Poderedes seguir todas as novidades nas redes sociais do club @clubviravoltasantiago.ritmica (Instagram, Facebook e Twitter) e tamén na páxina web https://clubviravoltasantiago.com