Etiquetas de Mautic

Vitoria para a esperanza do Cadete A

Os branquiazuis sumaron o primeiro triunfo da fase pola permanencia

A xornada para a base da SD Compostela deixou varias vitorias para a esperanza e unha eliminación nos playoffs de ascenso.

Xuvenil A

Os branquiazuis sumaron a segunda derrota na casa contra un dos mellores equipos da segunda volta, o Bansander. En As Cancelas, os nosos víronse superados por 0-4 ante os cántabros. A pesar de todo, con catorce puntos sobre os postos de descenso, o Compos está un paso da salvación.

Sigüeiro FC

O filial segue sen conseguir a vitoria nesta segunda fase e practicamente despídese do soño do ascenso. Nesta ocasión, o Sigüeiro caeu por 1-2 contra o Club Lemos nun encontro no que se adiantaron cun gran gol de Roi Rama, pero os visitantes remontaron xa no primeiro tempo e o marcador non se moveu máis.

SD Compostela B

O Zona Vella alcanzou o primeiro triunfo da fase polo ascenso tras superar por 5-2 ao Rodeiro, aínda que ten practicamente imposible chegar ao único lugar que dá dereito a subir. Nun gran encontro, os tres puntos chegaron co dobrete de Antón Olveira, na primeira metade, e os tantos na segunda de Fernando Redondo, Eloy Oliveros e Guille.

Cadete A

O Cadete A logrou unha vitoria para a esperanza, a primeira da fase pola permanencia da División de Honra, ao gañar 2-1 ao Bertamiráns, cunha gran remontada. Os goles de Brais e Lucas Novo, ambos na segunda metade, permitiron o triunfo branquiazul, agora a seis puntos da permanencia.

A maiores, o Xuvenil B caeu eliminado da fase de ascenso, tras perder 2-0 contra o Cidade de Ribeira, na volta dos cuartos de final. Pola súa banda, no intento de salvarse, o Compos Nicrariense sumou os tres puntos contra o EFM Boiro B e xa suma oito nesta fase, trala disputa de tres encontros.

Pola súa banda, o resto da xornada en Fútbol-11 deixounos estes resultados e así marchan as súas respectivas clasificacións.