Etiquetas de Mautic

Crónicas canteira fin de semana Obradoiro CAB-SAD

Obradoiro CAB en O Noso Deporte

1a DIV. CADETE: Balidea Obradoiro

O Balidea Obradoiro vence de local ao Óptica Campelo Marín Peixegalego (75-46)

O Balidea Obradoiro recibiu ao Óptica Campelo Marín Peixegalego no pavillón Municipal Lorenzo de Latorre.

O partido comezou cun ritmo de xogo moi alto por parte de ambos os equipos, onde os do Balidea Obradoiro presionaban o balón a toda pista, e corría moi ben as transicións ofensivas despois de rebote ou recuperación do balón. Aos de Marín custáballes moito poder atopar vías de anotación, cos do Obra acertados nos tiros exteriores, e conseguina abrir unha diferenza de 18 puntos ao final do primeiro cuarto (25-7).

No segundo cuarto, o Marín Peixegalego subiu o nivel defensivo e a agresividade de fronte ao aro rival, conseguindo meter un parcial de 0 – 9 nos primeiros minutos do período, obrigando aos obradoiristas a ordenarse en defensa, conseguindo volver competir coa dureza e intensidade coa que comezaran o encontro. Chegábase ao descanso do partido cun marcador de 35– 20 para os de Balidea Obradoiro.Tras o paso polos vestiarios, o partido ía continuar con ambos os equipos facendo un gran esforzo defensivo con presións a toda pista e un gran traballo nas liñas de pase, e en ataque intercambiaban canastras preto do aro, con pouco acerto en tiros abertos desde a liña de 3 puntos. Os do Obra mantiñan a vantaxe no marcador ao final do cuarto (53- 36).

No último cuarto o partido seguía con moito ritmo e intensidade e os do Balidea Obradoiro foron capaces de dominar os rebotes en ambos os taboleiros, gozando así de segundas oportunidades para lanzar a canastra e selaban o partido cun marcador final de 75-46.

Os parciais de cuartos foron: 25-7, 10-13, 18-16 e 22-10.

O próximo partido o Balidea Obradoiro visitará ao Marín Peixegalego no último partido de Liga antes dos cruces finais.

1a DIV. CADETE: OCA Hotels Obradoiro Vedra

Vitoria do OCA Hotels Obradoiro Vedra ante o Seis do Nadal (83 a 54)

O OCA Hotels Obradoiro Vedra recibiu na súa pista ao Seis do Nadal. Empezaba o encontro cun intercambio de golpes entre ambos os conxuntos, cos locais controlando o ritmo do partido grazas a unha mellor orde e unha defensa asfixiante a toda pista, que lles outorgaba as primeiras vantaxes no marcador.

Os de Seis do Nadal reordenábanse e, a base de ataques verticais a canastra, conseguían empatar o encontro ao final do primeiro cuarto (17-17).

No segundo cuarto ambos os equipos endureceron a defensa e o transcurso do partido foi igual de parello, con moita intensidade e cun Obradoiro que tentaba manexar o ritmo de xogo para irse ao descanso con 6 puntos de vantaxe ao seu favor (44-38).

Á volta do vestiario, os dous equipos propuxeron defensas duras cun choque de estilos, o OCA Hotels Obradoiro Vedra facendo un despregamento todo o campo como na primeira parte e o Seis Do Nadal pechando os espazos en media pista. Así transcorreu o terceiro cuarto cun parcial de 10-15 para os visitantes, o cal favoreceu para acurtar as distancias no marcador a unha diferenza de 1 punto ao final do terceiro cuarto (54-53).

Xa no último cuarto a dureza era máxima e as imprecisións do Seis do Nadal fixeron poder afastarse no marcador ao OCA Hotels Obradoiro Vedra, sacando a máxima diferenza de 29 puntos sendo o resultado final de 83 a 54 e só deixando anotar un punto no último cuarto ao equipo visitante.

Os parciais por cuartos foron: 17-17, 27-21, 10-15 e 29-1.

O próximo encontro de OCA Hotels Obradoiro será en Vigo para xogar o partido de volta e definir a Fase Final da Liga Galega.

1a DIV. INFANTIL: Cenor Obradoiro

O Cenor Obradoiro cae nun partido dominado polo PBB A desde o primeiro minuto ata o ultimo (83-54)

O Cenor Obradoiro chegou ao partido cos 9 xogadores dispoñibles coa baixa de Enrique Otero, cunha lesión muscular na perna. Sumou ao grupo Tomas Chao, reforzo desde o infantil B.

Foi o Obra que empezou forte o partido, cunha defensa adoitada convertida en contraataque, onde non foi capaz de sumar ao marcador, fallando moitas bandexas preto ao aro. O Porriño aproveitou facendo penetracións verticais cara á o aro xerando situacións de tiro fácil, onde foron capaces de anotar e levar a primeira vantaxe.

O segundo cuarto foi algo máis aberto, ambos os equipos tendo erros en defensa con malas axudas e permitindo canastras fáciles. Pero foi o equipo da casa quen foi capaz de aproveitar máis, cun gran traballo de pase e cargando moito o rebote ofensivo para anotar canastras de segunda oportunidade. O Obra tivo problemas de solucionar a presión defensiva de Porriño cometendo varias perdas por malos pases. Ao descanso o Obra chegou por debaixo no marcador con moito traballo por mellorar na segunda parte (38-26).

O terceiro cuarto foi o máis igualado de todos. Durante os primeiros 5 minutos, foi o ataque dos dous equipos o que destacou, con ambos conxuntos sendo capaces de intercambiar canastras durante varios posesións seguidos. O Obramellorara moito a actividade en ataque, para poder circular o balón e tamén xogar situacións de balón interior onde sacaron varias vantaxes. Tamén empezou de atopar acerto desde o perímetro, metendo dous triplos no cuarto.

Pero foi o equipo local o que mantivo o marcador ao seu favor castigando o mal balance defensivo do Obra para anotar canastras moi baratas e non deixar o Obra achegar no marcador.

O último cuarto foi claramente a favor do Porriño, o Obra non era capaz de manter un bo nivel defensivo no 1×1, situación que o Porriño aproveitou para circular o balón, atopando os seus tiradores. O Obra tampouco se atopou cómodo en ataque perdendo moitos balóns ante a defensa forte de Porriño e quedou en só 8 puntos metidos no cuarto.

Os parciais por cuartos foron: 15-9, 23-17, 23-20, 22-8.

O próximo partido será o domingo 24 de Abril, ás 10:00 horas, contra PBB Porriño en Santiago.

PREINFANTIL: Café Sabora Obradoiro

Derrota do Café Sabora Obradoiro na pista do SD Tui (69-19) Os obradoiristas chegaron ao encontro na pista do SD Tui con dúas baixas, a de Yago Rey e Marco Gómez.

O partido comezou cun Obra que non estaba metido no encontro, permitindo canastras doadas aos locais, aproveitando as facilidades ofrecidas polos xogadores santiagueses máis a súa superioridade física. O parcial neste primeiro período xa decantou totalmente o encontro para os locais, e a labor do Obra consistiu en mellorar a imaxe ofrecida nestes primeiros dez minutos.

E esa mellora viuse no segundo período, onde o Café Sabora Obradoiro se soltou un pouco máis en ataque, xogaban con menos medo a recibir contactos e, en defensa foron máis duros que anteriormente. Un maior acerto, unha maior predisposición a facer un bo traballo fixo que o parcial fora bastante máis igualado. Ao descanso, o resultado era de 55 – 17.Sen embargo, no inicio do terceiro período viuse de novo un Obra con menos ganas das que ofrecían os locais, que atopaban canastras doadas, chegando así a unha diferenza de 50 puntos, pechándose o marcador. Pero o partido seguiu e o Obra volveu reaccionar, soltándose máis en ataque, mellorando as tarefas defensivas, unha mellora que sobre todo viuse no derradeiro período, no cal os rapaces sacaron algo de orgullo para seguir correndo e esforzándose, deixando unha boa imaxe e marchando aplaudidos polos pais locais e visitantes. O resultado final foi de 69 – 19.

Os parciais foron: 36 – 4, 19 – 13, 19 – 2.

A seguinte xornada para o Café Sabora Obradoiro será en Ferrol, á volta de semana santa.