Etiquetas de Mautic

Crónicas canteira fin de semana Obradoiro CAB-SAD

Obradoiro CAB en O Noso Deporte

LIGA EBA: Obradoiro Silleda

O Obradoiro Silleda asalta a pista do campión para achegarse á fase (64-67)

O Obradoiro Silleda viaxou a Salamanca para tratar de conseguir na pista do líder da competición, a súa décima vitoria consecutiva da tempada.

Foi un encontro ao que o USAL La Antigua chegaba como campión do grupo A-B e coa mira posta en lograr sumar unha vitoria que o achegase ao primeiro posto da conferencia A para a Fase de Ascenso a LEB Prata.

Desde o salto inicial ambos os equipos deron mostra da importancia do encontro e saltaron ao parqué cun gran nivel defensivo e físico. Cada conxunto buscaba a través dos seus acenos de identidade facerse dominador do partido: os locais cunha altísima presenza na pintura e os visitantes xerando vantaxes desde o perímetro. A igualdade era a tónica no encontro, chegando ao intervalo do primeiro período cun 11-11 e ao final do cuarto cun 20-18.

Aos poucos o Obradoiro Silleda foi aumentando a súa verticalidade no seu ataque, castigando desde preto do aro e desde o tiro libre, pero con baixas porcentaxes no triplo que as facía desaproveitar a iniciativa no xogo nun bo momento de partido. O USAL La Antigua non era capaz de obter posicións claras de tiro nin dominaba o rebote, pero a pesar de todo o nivel defensivo dos campións permitíalles chegar ao descanso cun igualado 35-36 no marcador.

Tras o paso por vestiarios os locais saíron mentalizados subir aínda máis o nivel físico do partido, presionando aos tiradores obradoiristas e dominando con contundencia na zona. Os visitantes víanse obrigados a parar o encontro e a buscar solucións para responder ao parcial encaixado, sumando varias canastras fáciles ao contraataque que lles permitía deixar o partido por decidir a falta do últimos dez minutos.

No último cuarto o nivel defensivo de ambos os equipos foi enorme, os obradoiristas atopaban por primeira vez un maior acerto desde o triplo grazas ao seu traballo no rebote ofensivo e poñíanse seis puntos por riba a falta de tan só tres minutos. Con todo, os de Salamanca non estaban dispostos a ceder, sumando nos últimos minutos desde o rebote ofensivo e levando ao seu rival áliña de tiro libre para tratar de parar o partido. A diferenza do que pasara durante o partido con varios lanzamentos próximos ao aro sen oposición, os obradoiristas acertaron en cada viaxe á liña de persoal e pecharon unha vitoria de moitísimo mérito desde o seu defensa no último minuto, certificando a súa décima vitoria consecutiva da tempada e dando un paso máis para a Final Four da Conferencia A.

Os parciais por cuartos foron: 20-18, 15-18, 20-15 e 9-16.

Por parte do Obradoiro Silleda anotaron: B. A Nongo (10), C. Hernández (17), M. Souto (2), A. Soto (-), C- Taboada (9), S. Huguet (9), M. Paz (-), J. Cal (4), S. Paz (12), G. González (4), D. Diahame (-).

A próxima fin de semana o Obradoiro Silleda tratará de certificar o seu pase para a seguinte fase no encontro no que recibirán ao Claret Innoporc no pavillón César González Fares, o sábado, a partir das 19:00 horas.

1a DIV. SENIOR: Obradoiro USC

O Obradoiro USC finaliza segundo de grupo tras vencer en Carballo (66-76)

O Obradoiro USC xogou como visitante ante o Calvo Basket Xiria. Deste partido dependía a clasificación final do grupo e, polo tanto, os cruces que outorgarán unha praza ás Semifinais de Liga.

O equipo santiagués contaba coa baixa de Andrés Forján, completando a convocatoria os junior Juan Bocca e Javier Prieto. O partido comezou cun gran acerto no tiro exterior por parte dos visitantes.

Sete son os triplos que consegue no primeiros dez minutos o Obradoiro USC, que atopa tiros liberados desde as esquinas pola súa verticalidade no 1×1. Pola súa banda, os de Carballo agárranse ás partido grazas ao rebote ofensivo e ao uso de poste baixo.

No segundo período, o Obradoiro USC propuxo unha defensa de cambios que, nun principio, puxo en problemas a Basket Xiria. Estes, pola súa banda, alternaba zonas con defensa home a home que dificultou a mobilidade de balón dos visitantes. Ambos os conxuntos conseguen anotar en transición,logrando anotar preto do aro para acaban un cuarto moi igualado cun parcial de 16-21.

Os de Xiria saen do vestiario cunha maior intensidade defensiva e subindo liñas de pase, o que lles permite endosar un parcial de 11-6 ao seu favor. Cando peor o estaba pasando o Obradoiro USC, dous triplos afastados volve metelos en
partido, cambiando a dinámica deste cuarto para reencontrarse no ataque e devolver o parcial, conseguindo un 7-13 nesta segunda parte do período.

No último cuarto, Xiria é moito máis constante que o Obradoiro USC, estes últimos con moitas dúbidas en ataque e conseguindo anotar soamente 4 canastras en xogo, sendo a defensa a que permite aos visitantes manter unha vantaxe de 10 puntos durante case todo o período e facerse así coa vitoria (66-76).

Por parte do Obradoiro USC xogaron: F. Barreiro (9), Alejandro Carrera (4), G. Arejolaleiba (6), M. Gold (4), A. Forján (-), Juan Bocca (16), Luís Fernández (6), J. Prieto (5), T. Álvarez (9), F. Belo (11), e P. Pérez (6).

Os parciais por cuartos foron: 17-27, 16-21, 18-19 e 15-9.

Tras os resultados da fin de semana, o Obradoiro USC xogarase dentro de 3 semanas, e ante o Sigaltec de Vilagarcía, unha praza para as semifinais da 1a División FGB.

1a DIV. JUNIOR: Obradoiro Peleteiro

O Obradoiro Peleteiro remata a Liga Regular como campión galego e invicto (100-35)

O Obradoiro Peleteiro disputou esta fin de semana o último encontro da tempada regular.

Nun partido marcado pola celebración da proclamación de Campión Galego Junior masculino por quinto ano consecutivo, o Obradoiro Peleteiro dominou todas as facetas do xogo para selar a última vitoria de tempada regular por un 100-35 final.Desde o salto inicial os obradoiristas mostráronse superiores en numerosas facetas do xogo fronte a un Iberconsa Novobasket que pagaba a falta de precisión no pase cun parcial de 13-0 de saída que marcaría a liña do partido.

Durante o segundo cuarto, os locais continuaban cunha gran actividade defensiva, forzando erros do rival e sumando puntos ao contraataque con facilidade. Desta forma o partido encarrilábase para o Obradoiro Peleteiro que chegaba ao descanso cun marcador de 65-13 que sería definitivo.

Na segunda parte os vigueses subían o seu nivel defensivo e a dureza do choque, pero sen atopar o acerto suficiente para reducir as diferenzas no electrónico. Os obradoiristas seguían castigando cada perda do seu rival e, xa no último cuarto, remataron de pechar a vitoria co seu acerto exterior.

Desta forma o Obradoiro Peleteiro alcanzou unha nova vitoria por 100-35 e puido celebrar o quinto título consecutivo de Campión Galego Junior Masculino.

O Obradoiro Peleteiro seguirán a súa preparación de fronte ao campionato de España junior, para o que aínda terán que esperar para coñecer aos seus rivais.

Por parte do Obradoiro Peleteiro anotaron: Fuentes (8), Rigueiro (5), Vilar (15), Prieto (9), Fernández (9), Bocca (13), Gil (7), Colom (13) e Sama (21).

Os parciais por cuartos foron: 25-06, 20-07, 23-08 e 32-14.

2a DIV. JUNIOR: GRUPO CAEIRO OBRADOIRO VEDRA

O Grupo Caeiro Obradoiro Vedra suma o seu primeiro triunfo no cruzamento contra o ADB Fontiñas (69-53)

O Grupo Caeiro Obradoiro Vedra recibiu no pavillón municipal de Vedra ao ADB Fontiñas no primeiro encontro entre ambos os conxuntos nesta segunda fase.

Arrincou o partido cos obradoiristas marcando o ritmo desde a súa defensa, pero coa falta de circulación de balón e acerto necesario para poder chegar ao descanso cunha vantaxe definitiva.Os de Fontiñas ían subindo minuto a minuto a súa velocidade en ataque, facéndose co partido no segundo cuarto e endosando un parcial antes de chegar ao descanso, que lles permitía chegar ao intervalo cun igualado 33-29.

Tras o paso por vestiarios os locais saíron decididos a romper o partido, cunha forte presión defensiva que provocaba perdas no seu rival e grazas á cal foron capaces de entrar no últimos dez minutos cunha vantaxe de once puntos.

Xa no último cuarto o ADB Fontiñas tratou de volver endosar un parcial que os devolvese á loita polo triunfo, pero esta vez o Grupo Caeiro Obradoiro Vedra foi capaz de responder e pechar unha traballa vitoria por un 69-53 final.

Os parciais por cuartos foron: 17-9, 16-20, 17-10 e 19-14.

A próxima fin de semana o Grupo Caeiro Obradoiro Vedra repetirá enfrontamento contra o ADB Fontiñas.