Etiquetas de Mautic

Crónicas canteira fin de semana Obradoiro CAB-SAD

1a DIV. INFANTIL: Cenor Obradoiro

O Cenor Obradoiro perde nun partido competido contra o PBB A (64-74)

O Cenor Obradoiro rematou o encontro ante o PBB A con derrota despois dun competido partido (64-74).

Foi o Porriño o que empezou o partido mellor anotando os primeiros 6 puntos do partido, desde os erros do Obradoiro, que tivo problemas no rebote ofensivo e na defensa do 1×1. O Obra entrou aos poucos no partido, pero a falta de acerto foi un problema que condenou o Obra deixando o equipo sete abaixo no marcador ao acabar o primeiro cuarto.

No segundo cuarto o Obra empezou a atopar o seu mellor baloncesto. Tras defender ben, xogou un bo primeiro pase de contraataque e correu ben a pista para subir o ritmo de xogo. Tamén a gran lectura de 1×1 en ataque foi clave para mover a defensa de Porriño e xerar opcións de canastras preto ao aro. Pero nos últimos minutos do segundo cuarto o partido cambiou. O Obradoiro cometeu varios erros no pase provocando perdas de balón e deixando ao Porriño correr e meter canastras fáciles en contraataque. Tamén o nivel defensivo no 1×1 baixou, algo que o Porriño aproveitou metendo canastras fáciles de 1×1. Ao descanso o Obra chegou con moitas cousas por cambiar, sobre todo en defensa, para poder volver ao partido.

O segundo tempo do partido foi máis a favor do Obra, quen foi capaz de mellorar de forma significativa o seu nivel defensivo no partido. O terceiro cuarto empezou co Obra traballando moito en defensa, mellorando a súa capacidade de defender o 1×1 e forzando tiros difíciles a Porriño. Tamén o traballo colectivo no rebote foi clave, deixando ao seu rival con só unha opción de anotar canastra. Diante o Obra foi capaz de mellorar a súa capacidade de pasar o balón, pero a falta de anotación foi algo que non os deixou achegarse moito no marcador.

O último cuarto continuou na mesma liña. Para o Obra a defensa a toda pista foi clave para manter un bo nivel defensivo. Diante os problemas de acerto continuaron, sobre todo desde o perímetro, onde o Obra non foi capaz de anotar aínda que había un bo xogo no equipo pasando o balón entre todos e con tiros liberados en moitas ocasións. Ao final do partido o Porriño levouse a vitoria por 64 a 74.

Os parciais por cuartos foron: 16-23, 17-24, 16-14, 15-13O próximo partido será o domingo 1 de Maio, ás 12:30 horas, contra o Instituto Rosalía en Santiago.

2a DIV. INFANTIL: Bahía Software Obradoiro

Gran partido do Bahía Software Obradoiro para pechar a segunda volta ante La Salle (54-38)

Esta fin de semana xogouse o último partido da Copa Premium para o Infantil B, ante La Salle.

O comezo do partido foi o mellor posible para os locais. A boa actividade defensiva a toda pista, xunto coa mellora evidente en ataque a campo aberto, facía que conseguisen as primeiras vantaxes no marcador (14-5).

No segundo parcial, as rotacións baixaron o ritmo de partido, pero non así a dinámica. Os visitantes tiñan problemas para anotar, froito dos mellores minutos da tempada en defensa para o Bahía Software Obradoiro. O ataque dos locais facía sumar con certa facilidade, chegando ao descanso cun claro dominador do encontro (32-9).

Na reanudación, o CB La Salle aumentou o seu nivel físico e castigou ao Obradoiro no rebote ofensivo. Tratábase xa dun partido de posesións máis longas e de maior oposición do rival, que gañaría con claridade este cuarto (44-27).

Nos 10 minutos finais, o Bahía Software Obradoiro seguiu a mellorar o seu ataque. O partido estaba virtualmente decidido, mais ambos os dous conxuntos competiron ata o final (54-38).

Por parte do Bahía Software Obradoiro xogaron e anotaron: Tomás Chao (26), Yago Suárez (5), Héctor Blanco (7), Hugo Fraga (6), Hugo Balsa (6), Iker Mazari (2), Matteo Péndola (-), Miguel Sobrino (2), Eloy Rodríguez (-), Martín Seoane (-), Mario Rama (-) e Lois Freire (-).

Os parciais foron: 14-5, 18-4, 12-18 y 10-11.

PREINFANTIL: Cafés Sabora Obradoiro

Derrota do Café Sabora Obradoiro ante o Club Baloncesto Costa Ártraba (52-40)

O Cafés Sabora Obradoiro visitou a pista do Club Baloncesto Costa Ártabra, na que non conseguiron facerse coa vitoria nun partido que foi máis igualado do que demostra o resultado final (52-40).

O partido comezou cos locais marcando un ritmo moi alto, demostrando que a súa desvantaxe de altura compensábana cunha gran velocidade e intensidade.

Este aspecto costoulle igualalo ao Obradoiro, pero conseguiron facelo a base de moito esforzo e compromiso, pero non con canastras, xa que non estiveron acertados en ningún momento do partido. Dende o principio viuse que o partido sería dun tanteo baixo por parte dos dous conxuntos. O primeiro período rematou cós ferroláns catro arriba.

No segundo período seguiu a ser un partido de moito ritmo, con dous equipos entregados e deixándoo todo na cancha, pero sen acompañalo de precisión no lanzamento. Ataques rápidos pero pouco certeiros, moitos rebotes, balóns soltos… O partido era un continuo sobe e baixa onde os dous equipos demostraron moito compromiso e ganas de querer gañar. Ao descanso o resultado era de 23 – 18.

O terceiro período comezou coa mesma dinámica, aínda que agora si o Café Sabora foi capaz de atopar mellores situacións de canastra, ataques máis precisos que viñeron dados dun movemento fluído de balón que conseguían dar en certos ataques. Sen embargo, algúns erros de concentración no rebote defensivo cando mellor estaban facía que non conseguían a chegar a poñerse por diante.

O derradeiro período comezou cos locais acertados nos primeiros minutos, e aos obradoiristas apagáronselle as luces de novo en ataque, e, pese a atopar os tiros, a precipitación, os nervios, … facía que saíran desviados. Finalmente, nos últimos minutos a cantidade de tiros libres lanzados e anotados dos locais rematou de decantar a balanza (en total, 26 tiros libres lanzados polo BBCA e tan só 8 do Obra en todo o partido). O resultado final foi de 52-40.

Os parciais foron: 14-10, 9-8, 13-14, 16-8.