Etiquetas de Mautic

Triunfo para Alejandro Montero en Portomarín

A fin de semana deixounos tamén podios significativos en Padrón ou no Barbanza

Non houbo descanso pola Semana Santa nin pola Pascua para os atletas da SD Compostela Atletismo, xa que moitos dos nosos aproveitaron as festividades para participar nas diferentes probas competitivas do panorama galego.

Vitoria absoluta para Alejandro Montero na Carreira A Carón do Río de Portomarín. O atleta do Compos foi o primeiro en completar os 7.3 kilómetros de percorrido polas rúas da vila lucense, á beira do Miño. Alejandro cruzou a meta en 26 minutos e 46 segundos, case un minuto por diante do segundo clasificado.

Na 42o edición da Carreira da Pascua de Padrón, celebrada o sábado, cun circuíto de 13.3 km. en categorías absolutas, os resultados foron excelentes: Brais Pérez foi 1o clasificado da categoría Sub20 cun tempo de 49:49; namentres Shaila Muñiz e María Tarrío foron 1a e 2a clasificadas da categoría Máster A con tempos de 59:58 e 1:02:45, respectivamente.

Tamén estiveron en Padrón algúns dos nosos corredores máis novos: Carmen Carracedo e Daniela Gil, en categoría Sub10; Ariana Iglesias, Xoel Otero, Hugo García e Pedro Méndez, en Sub12; e Lucía Taboada, África Gil e Lola Villar, en categoría Sub14.

Pola súa banda, o domingo tamén se celebrou o Trail Serra do Barbanza, tanto na modalidade de Trail Popular como na proba oficial do Campionato de Galicia de Trail, cunha distancia de 25 kilómetros. Alí estiveron os atletas branquiazuis Juan Luis Amigo e Fran Méndez. Juan participou na proba de carácter popular e recolleu premio como 3o clasificado Máster3 e 20o na xeral. Fran, que fixo unha excelente carreira na modalidade de proba autonómica, aguantando boa parte da carreira como 2o da súa categoría, asinou finalmente o 4o posto Máster45 e 17o xeral.

A vindeira fin de semana, os nosos atletas regresarán en diversas citas, defendendo as cores azules e brancas: Carreira Pedestre Batalla de Cacheiras, Coruña10, Circuito da Costa da Morte en Vimianzo e probas en pista.