Etiquetas de Mautic

Presenza dos atletas da SD Compostela por toda Galicia

Nuno Costa rematou segundo na Popular de Monforte

Completamos outra fin de semana de competicións deportivas para os nosos atletas, que se desprazaron por toda a xeografía galega en representación da SD Compostela Atletismo.

Comezamos coa xornada do sábado, día no que tivo lugar a Carreira Popular Guitiriz Termal de 5km e alí estivo o noso atleta Sindo González, quen obtivo un excelente 14o posto xeral, 8o na categoría Vet-M, cun tempo de 18:09.

Pola súa banda, o domingo acolleu o groso das competicións con ata catro carreiras en localizacións diferentes. En Monforte de Lemos, na duodécima edición da Carreira Popular Concello de Monforte, Nuno Costa foi 2o clasificado absoluto completando os 10k do percorrido nun tempo de 30:40, a tan só 2 segundos do primeiro clasificado. Por detrás del, Javier de Dios entrou na 5a posición en 33:47 e obtivo o 2o posto da categoría Sen-M. Tamén participou na carreira popular a nosa alevín Clara López, que foi 3a clasificada da súa categoría.

Alejandro Montero defendeu os colores branquiazuis na Carreira do Vinteún do Circuíto de Carreiras Populares de Ourense e obtivo un fantástico 4o posto xeral e 1o da categoría Sen-M, parando o crono en 20:36.

Nas probas de Trail que se celebraron este primeiro domingo de abril, participaron os nosos atletas Miguel Vidal e Fran Méndez. Miguel asistiu á dura proba da Toxiza Gran Trail de Mondoñedo, na modalidade Ultra 60K, que completou en 09:39:45 cruzando a meta na posición 46. Fran Méndez asistiu ao I Trail Comarca Ulla-Tambre con 19 km de percorrido e un desnivel de 800m+, que o noso atleta cubriu en 1:50:53 para ser 14o clasificado xeral e 8o M2M.

A vindeira fin de semana volveremos a participar nunha chea de citas deportivas entre as que destacan a II Clásica Gandeira de Santa Comba e a Media Maratón e Maratón VIG-BAY.