Etiquetas de Mautic

Amador Pena, campión de España na Milla en Ruta

Un gran número de atletas acadaron grandes resultados na Clásica Gandeira de San Comba e nas distintas modalidades da VIG-BAY

A fin de semana comezou por todo o alto para a SD Compostela Atletismo. Amador Pena proclamouse campión de España no Campionato de España Milla en Ruta celebrado na illa de La Palma. Amador foi dominador absoluto da proba cun tempo de 4:45 e suma un ouro nacional á gran temporada do atleta da SD Compostela Atletismo na que asinou un bronce europeo, unha prata nacional en pista e tres ouros galegos.

En canto ás probas celebradas na nosa comunidade, os nosos atletas estiveron defendendo o escudo compostelanista nos eventos deportivos de Noia, Corme, Santa Comba e Vigo.

O sábado foi quenda dos máis novos do club nunha xornada máis do calendario Xogade, desta vez na pista de Noia. Alí estiveron os atletas Sub10 e Sub12 da SD Compostela Atletismo: Daniela Gil: 50m, 1000m e lonxitude; Iara Torres: 60m, 500m e altura; Clara López: 60m, 2000m e altura; Ariana Iglesias: 60m, peso e marcha; Xoel Otero: 60m, 500m e altura; Hugo García: 60m, 500m e peso; e Álvaro Muñiz: 60m e 500m.

José Figueiras participou na II Popular Faro Roncudo, composta por un percorrido de 6,2km que o branquiazul completou nun tempo de 28:05 (40 M/8 SenM).

Ata Santa Comba desprazouse un numeroso equipo da SD Compostela Atletismo. A Clásica Gandeira de Santa Comba celebrou a 2a edición dunha carreira das máis singulares de Galicia polo seu paso por unha explotación gandeira. O éxito de resultados dos nosos atletas nas tres diferentes probas celebradas proclamou á SD Compostela Atletismo como 3o clasificado por equipos con 266 puntos.

En canto os resultados, entre os máis novos, Marcos Barcala e Ariana Iglesias participaron na proba Sub 10/12 e asinaron a 3a e 4a posición, respectivamente.

En 3K: Julia Salvado 12:34 (3F/1Sub18), María Tarrío 12:47 (4F/1Máster), Jesús Manuel Baña 14:49 (27M/5Máster2) e Malena Amigo 16:23 (19F/4Máster2).

En 10K: Yago Iglesias 36:18 (9M/1Sub18), Brais Pérez 36:56 (15M/6Sen), Sindo González 37:53 (24M/8Máster1), Manuel Castiñeiras 38:03 (26M/9Máster1), Damián Espasandín 38:28 (30M/11Máster1), Xoán Fernández 40:31 (47M/4Sub18), Pedro Pazos 40:41 (50M/10Máster2), Roi Porteiro 41:50 (56M/23Máster1), Jorge Castro 43:27 (65M/25Máster1), Alberto Carrillo 45:05 (75M/31Máster1); Jesús Cabo 52:07 (119M/25Máster2) e Patricia Túñez 58:12 (27F/8Sen).

Pola súa banda, o domingo tamén tivo lugar a XXI Medio Maratón – II Maratón Gran Bahía VIG-BAY, na que un gran número de corredores defenderon as cores branquiazuis na distintas probas de 42K, 21K e 10K.

Na distancia curta de 10K, dende Nigrán a Baiona, «Mini Bay», destacable actuación de Juan Carlos Raviña, entrando nun tempo de 38:59 e posicionándose como 6a xeral e 1a da categoría M+45. Pola súa parte, Sonia Rodríguez chegou en 56:17 e foi 43 clasificada feminina e 5aW+45.Tamén houbo debut dalgúns dos nosos atletas na distancia da Media Maratón, que saíu dende as inmediacións da praia de Samil en Vigo e rematou no paseo do porto de Baiona, como o de Javier de Dios (1:14:14 18M/8PROM) e Nuria Mejuto (1:46:50 87F/PROF31).

Julia Vaquero alzouse como primeira da categoría W+50 cun tempo de 1:24:41. Pola liña de meta da aclamada proba viguesa tamén pasaron: Alejandro Montero (1:16:44 27M/13PROM), Martín Abelenda (1:19:45 63M/16M+40), Antonio Vázquez (1:29:28 308M/34M+50), Jordi Carrasco (1:29:49 325M/66m+45), Elena Veres (1:39:58 28F/10PROF) e Lara Salgado (1:51:30 147F/52PROF).

Ademais, o noso atleta Fran Méndez completou a proba de larga distancia cunha magnífica actuación na Maratón 42K en 3:06:47 (43M/14M+45).