Etiquetas de Mautic

A SD Compostela compite en Madrid e triunfa en Cacheiras e na Costa da Morte

  • Lara Salgado e María Limeres competiron na media maratón Zurich Rock & Roll de Madrid
  • En Galicia, os nosos sumaron multitude de éxitos, especialmente en categorías inferiores

Os atletas de la SD Compostela Atletismo cubriron outra proveitosa fin de semana de competicións, onde mesmo tivemos representación en probas fóra da nosa comunidade.

Lara Salgado e María Limeres foron as dúas corredoras branquiazuis entre os máis de 15.000 inscritos da Zurich Rock & Roll Media Maratón de Madrid. As nosas atletas completaron os 21 quilómetros de carreira, con saída e chegada nas inmediacións das Torres de Colón, unha proba que empezou cunha temperatura agradable de primeira hora da mañá, pero que foi subindo conforme foron completando o percorrido. Así a todo, María chegou a meta nun tempo de 1:41:43 e Lara en 1:45:29.

Máis preto da casa, celebrouse o sábado a emblemática Batalla de Cacheiras do Concello de Teo. Cun circuíto de 9km para categorías absolutas e de menores distancias para escolares, despuntaron Yago Iglesias, vencedor Sub-18; Brais Pérez, gañador Sub-20/23; e Alejandro Montero, primeiro da categoría Senior e cuarto xeral. Ademais, Julia Salvado foi segunda Sub-18. Tamén participaron nas diferentes probas para escolares Marcos Barcala, Xoel Otero, Claudia Castro, Ariana Iglesias e Daniela Maceiras.

Na xornada dominical tamén tivo lugar a segunda carreira do Circuíto Correndo pola Costa da Morte, nesta ocasión en Vimianzo. Alí estivo unha ampla representación da SD Compostela Atletismo, que puido gozar dunha xornada de deporte ao aire libre e convivencia en equipo. Tamén houbo premios para Yago Iglesias, como primeiro en categoría Xuvenil; María Tarrío, terceira muller na proba dos 3K; e Elena Veres, terceiro posto Senior e quinto xeral nos 10K.

Nas carreiras absolutas estiveron, en 3K, Nicolás Iglesias, Malena Amigo, Antía Botana e Laura Botana; e en 10K, Nuria Mejuto, José Figueiras, Juan Luis Botana, Sonia Rodríguez, Jesús Cabo, Silvia Fernández e María Codesido. Ademais, dúas das nosas atletas en idade escolar Ariana Turnes e Lucía Taboada participaron nas súas respectivas probas.

Outras das probas celebradas o domingo foi a Carreira Popular Coruña 10, que xa vai pola súa 16a edición e que citou aos mellores e máis rápidos atletas chegados de diferentes países. Nuno Costa situouse entre os cinco máis rápidos, cun tempo de 29:48 e foi 3o da categoría Máster1. Outro dos nosos, Lennon Almeida foi quen de asinar a súa mellor marca na distancia, con 37 minutos 18 segundos, chegando á meta entre os primeiros 120 clasificados. O terceiros dos branquiazuis na proba coruñesa foi Pedro Pazos, cun tempo de 40:38.

Para pechar a xornada dominical, tivemos a Juan Amigo no CAMOVI de Viveiro, Campionato de España de Carreiras de Montaña, onde o noso atleta participou na distancia de 21K, cun tempo de 2:19:13 e acabando 16o da categoría Veterano1.

Ademais, os atletas en idade escolar puideron gozar cunha nova xornada de probas en pista ao aire libre dentro do calendario Xogade Infantil e Cadete, desta volta en A Pobra do Caramiñal.Alí estiveron: Diego Muñiz (150m, 500m e 800m), Hugo Otero (600m e Peso), África Gil (150m, 500m e Lonxitude), Lucía Taboada (150m e 1000m Obstáculos con ría) e Paula Fernández (150m e 1000m Obstáculos con ría).