Etiquetas de Mautic

O Sigüeiro certifica o seu pase á fase polo ascenso

Novo empate na casa do Xuvenil A contra outro histórico

Dous triunfos, un empate e unha derrota foron o balance dunha fin de semana no que o Sigüeiro certificou o seu pase á loita polo ascenso, con dúas xornadas de antelación. Ademais, o Xuvenil A segue sen perder como local.

Xuvenil A

O Xuvenil A da SD Compostela realizou un enorme encontro, o enésimo nesta tempada, aínda que iso non lle valeu para sumar a vitoria. En todo caso, os nosos empataron na casa, onde se manteñen invictos, contra o Sporting, un histórico da División de Honra. 1-1 final en Santa Isabel.

No partido, Goris, un dos máis destacados dos branquiazuis, logrou o gol local no 54. Con vantaxe, o Compos gozou de claras oportunidades para aumentala, pero perdoou e os asturianos igualaron.

Agora, este próximo sábado, viaxarán a Asturias para sumar un novo triunfo como visitantes, contra o Arenal, rival que loita pola permanencia.

Sigüeiro FC

Nunha grandísima tempada, o Sigüeiro asegurou a súa clasificación para a fase de ascenso tras superar por 1-0 ao Fisterra. Cos tres puntos, os nosos non só certifican o seu pase á segunda fase, senón que conseguiron tamén a permanencia, obxectivo principal da tempada. Ademais, achéganse a terminar no segundo posto, o que achegará bos puntos para a seguinte rolda.

Unha vez máis, demostrando unha solidez defensiva digna de admiración, mantiveron a portería a cero e aproveitaron o tanto do pichichi Diego Fuentes, fórmula que lle achegou moitas satisfaccións esta tempada. Deste xeito, lograron o seu terceiro triunfo seguido na casa en apenas quince días, todos eles sen encaixar (1-0 vs Puebla, 2-0 ante o Boiro e 1-0 contra o Fisterra).

SD Compostela B

Non tivo tanta sorte, aínda que mantén todas as opcións intactas, o Zona Vella. Os branquiazuis víronse superados polo Dubra B, caendo por 4-0 na Tilleira.

Cadete A

Pola súa banda, o Cadete A sumou tres puntos de ouro, no último minuto, para superar 2-1 ao Val Miñor, equipo que loita polos postos altos do subgrupo. Dani Noya e Lortes foron os goleadores dun equipo que tentará subir algún posto máis na clasificación nestas últimas semanas, para a fase pola permanencia.

O resto da xornada en Fútbol-11 deixou os seguintes resultados, destacando o triunfo do Infantil A, dedicado a Miri, xogador cedido ao Vitoria e que está lesionado de gravidade. Ademais, así marchan as súas respectivas clasificacións.