Etiquetas de Mautic

Crónicas canteira fin de semana Obradoiro CAB-SAD

Obradoiro CAB en O Noso Deporte

2a DIV. INFANTIL: Bahía Software Obradoiro

Contundente derrota do Bahía Software Obradoiro ante o Rosalía Fedesa (68-18)

O Bahía Software Obradoiro visitou a pista de Pío XII para disputar un novo encontro ante o Instituto Rosalía Fedesa. Por parte dos obradoiristas, non puideron xogar Yago Suárez nin Héctor Blanco por lesións, e tampouco Hugo Balsa.
O encontro mostrou un nivel físico superior ao que están afeitos os xogadores do Bahía Software Obradoiro. Non existía demasiada anotación no partido, pese ao alto ritmo de xogo. Ambos os equipos anotaban a contagotas e chegábase ao segundo parcial cunha vantaxe local (13-6).

Neste cuarto, o Obradoiro foi mellorando o seu nivel competitivo no partido. A presión a todo campo do Rosalía dificultaba a saída do balón dos visitantes, pero eran capaces de sacar vantaxes. O equipo local dominaba o rebote e mostrábase moi sólido na pista, o que se reflectía no marcador (26-13).

Tras a continuación, o Bahía Software Obradoiro sufriu moitísimo para poder chegar a campo ofensivo. As perdas en primeira liña propiciaban que os locais anotasen canastras sinxelas e se despegasen no marcador (52-18).

No último parcial o Rosalía seguiu coa tónica de todo o partido. A pesar de non baixar os brazos e tentar competir ata o final, a superioridade do equipo local viuse manifestada no marcador, que se pechaba co definitivo 68 a 18.

Por parte do Bahía Software Obradoiro xogaron e anotaron: Tomás Chao (14), Jairo Olivas (-), Hugo Fraga (2), Iker Mazari (-), Matteo Péndola (-), Miguel Sobrino (2), Eloy Rodríguez (-), Martín Seoane (-), Mario Rama (-) e Lois Freire (-).

Os parciais foron: 13-6, 13-7, 26-5 e 16-0.

O seguinte partido será a próxima fin de semana, recibindo ao Instituto Rosalía Fedesa, en horario por determinar.

PREINFANTIL: Cafés Sabora Obradoiro

Dura derrota do Cafés Sabora Obradoiro ante Baloncesto Narón (43-81)

O Cafés Sabora Obradoiro recibiu no pavillón de Lorenzo de la Torre ao Baloncesto Narón, na segunda xornada da segunda fase da competición. Por primeira vez en toda a tempada, o Café Sábora Obradoiro puido contar con todos os seus xogadores (11) para un partido.

O partido comezou moi intenso, cun Obra que conseguiu meterlle moito ritmo ao encontro a partir dunha boa defensa, apertando as liñas de pase e ao xogador con balón, conseguindo poñerse por diante nun inicio. Sen embargo, este bo inicio foise diluíndo co paso do tempo e, en canto os visitantes atoparon un par canastras sinxelas, os obradoiristas viñéronse abaixo, chegando a perder por 10 no primeiro período.

Despois da pausa entre cuartos, o Obra volveu a un mellor xogo, con desacerto en ataque pero unha boa actividade en defensa, forzando tamén bastantes erros no rival, e recortando pouco a pouco a diferenza. Pero, a falta de dous minutos para o final, o Cafés Sabora Obradoiro de novo baixou o seu rendemento en canto os visitantes tiveron algo máis de acerto, deixando ir a diferenza ata os 17 puntos ao descanso.

Á saída do descanso, despois duns minutos de intercambios de puntos, o Obra viuse abaixo tras varios erros que favoreceron accións de canastra dos rivais, e non foron capaces de levantarse. Faltou traballo e esforzo dos locais que non reaccionaban pese aos tempos mortos e aos trocos, e o partido terminou por romperse.

Sen embargo, no derradeiro período, o equipo conseguiu atopar un bo xogo en ataque, a partir de varios pases consecutivos, aínda que faltou algo de acerto,pero si conseguiron unhas mellores sensacións, sobre todo ofensivas, xa que en defensa seguía habendo sempre despistes e fallos de concentración. Finalmente o partido rematou 81 – 43.

Os parciais foron: 10 – 20, 6 – 13, 13 – 30, 14 – 18.

O próximo partido do Café Sabora Obradoiro será en dúas semanas contra a S.D. Tui.