Etiquetas de Mautic

Crónicas canteira fin de semana Obradoiro CAB-SAD

Obradoiro CAB en O Noso Deporte

2a DIV. JUNIOR: Grupo Caeiro Obradoiro Vedra

O Grupo Caeiro Obradoiro Vedra consolídase no liderado tras unha nova vitoria fronte a Peleteiro (69-61)

O Grupo Caeiro Obradoiro Vedra recibiu no pavillón municipal de Vedra ao segundo clasificado, un Peleteiro ao que lograran derrotar por primeira vez hai unha semana.

Desde o salto inicial o Grupo Caeiro Obradoiro Vedra logrou dominar o ritmo do partido desde a súa presión defensiva, forzando erros no seu rival e logrando sumar puntos ao contraataque para dominar este primeiro cuarto e lograr unha importante vantaxe de dez puntos nun enfrontamento de tanta igualdade coma este.A partir do segundo cuarto, o Peleteiro fixo todo o posible por cambiar o ritmo do choque, colapsando o ataque local a través dunha defensa zonal 2-3 contra a que os obradoiristas non foron capaces de atacar con fluidez. A pesar destes problemas ofensivos, a vantaxe lograda no primeiro cuarto permitía aos obradoiristas chegar ao descanso cun 36-29 ao seu favor.

Tras o paso por vestiarios o bloqueo ofensivo dos locais mantívose, reducíndose aos poucos a vantaxe obtida no primeiro cuarto ata que, na metade do último cuarto, Peleteiro chegou a poñerse un punto por riba no electrónico por primeira vez no partido.

Con todo, cando peor parecían as cousas para os obradoiristas, un aumento na súa presión defensiva axudoulles a sumar de novo puntos a campo aberto e endosar un parcial final co que lograron sumar unha nova vitoria ante un rival directo (69-61).

Os parciais por cuartos foron: 26-15, 10-14, 14-18 e 18-14.

A próxima semana o Grupo Caeiro Obradoiro Vedra visitará a pista do Basquet Ames.

1a DIV. CADETE: Balidea Obradoiro

O Balidea Obradorio perde na súa visita ao Santo Domingo Betanzos (68-59)

O Balidea Obradoiro visitou ao Santo Domingo Betanzos no partido de volta entre ambos os equipos, correspondente ás xornada 2 da segunda fase da Liga Galega Cadete.

O partido comezou con bo ritmo e moita intensidade por parte de ambos os equipos, onde os de Betanzos collían as primeiras vantaxes no marcador, e cos do Balidea Obradoiro con problemas para atopar as súas primeiras canastras do partido. A mediados do primeiro cuarto, os visitantes foron capaces demellorar a súa selección de tiro e ser agresivos de fronte ao aro, recuperando a vantaxe para acabar o período con empate no marcador (22-22).

No segundo cuarto, os de Betanzos continuaban co seu xogo agresivo e directo a canastra con penetracións, pero os obradoiristas expuñan unha sólida defensa, impedindo tiros con comodidade. Aínda así, os de Betanzos facían dano no rebote ofensivo e o partido íase ao descanso con un punto de vantaxe para os locais (35-34).

Tras o paso polos vestiarios, os de Betanzos apostaron por unha defensa en zona 2-3 que atascaba aos do Balidea Obradoiro, baixando a súa produción ofensiva. A súa vez os locais gozaban de acerto desde a liña de tres puntos, chegando ao final do terceiro cuarto cun marcador de 48-46.

No último cuarto o partido seguía con moito ritmo e intensidade, pero os obradoiristas caeron en problemas de faltas e os de Betanzos aproveitaban mantendo a verticalidade a canastra e o rebote ofensivo para, no último minuto do partido, abrir unha vantaxe e romper ao invicto do Balidea Obradoiro na tempada, quedándose co partido cun marcador final de 68-59.

Os parciais de cuartos foron: 22-22, 13-12, 13-12 e 20-13.

O próximo partido o Balidea Obradoiro viaxará a Ourense para enfrontarse ao Branco Amor, o domingo ás 17 horas.

1a DIV. CADETE: OCA Hotels Obradoiro Vedra

Derrota axustada do OCA Hotels Obradoiro Vedra ante o Ensino de Lugo (82-85)

O OCA Hotels Obradoiro Vedra recibiu ao Ensino Lugo nun partido que rematou con derrota para os obradoiristas, por tan só 3 puntos (82-85).

Empezaba o encontro cun intercambio de golpes entre ambos os conxuntos, cos locais controlando o ritmo do partido grazas a unha mellor orde e dureza en defensa, pero cos de Ensino Lugo con gran verticalidade chegando ao final do primeiro cuarto con empate no marcador (26-26).

No segundo cuarto o equipo visitante seguiu duro en defensa e logrou capitalizar en canastras rápidas para poder sacar unhas pequena distancias no marcador, pero os locais seguían con bo desempeño colectivo e moita enerxía para defender e correr transicións ofensivas, chegando ao descanso do encontro con 3 puntos de vantaxe (48-51) para os visitantes.

Á volta do vestiario, os dous equipos propuxeron defensas duras cun choque de estilos: o OCA Hotels Obradoiro Vedra facendo un despregamento todo o campo como na primeira parte e o Ensino Lugo pechando os espazos en media pista, presionando o balón e activando unha zona 3-2. Así transcorreu o terceiro cuarto onde o equipo local seguiu capitalizando as canastras de transición, reducindo a diferenza a 1 punto ao final do período (70-71).

Xa no último cuarto as imprecisións de ambos os equipos fixeron que se chegase a un encontro duro e parello, onde os obradoiristas xogaron con moito carácter e boa circulación de balón, pero non gozaron de acerto nos tiros craves para igualar o encontro e o partido levárono os de Lugo por 82-85.

Os parciais por cuartos foron: 26-26, 22-25, 20-16 e 14-18.

O próximo encontro de OCA Hotels Obradoiro será con Novobasket de Vigo.

1a DIV. INFANTIL: Cenor Obradoiro

O Cenor Obradoiro remata a primeira volta da Liga con vitoria ante Seis do Nadal Coia (61-76)

O Cenor Obradoiro chegou ao partido con 9 xogadores dispoñibles. O equipo xa podía contar con Antonio Codesido recuperado da lesión muscular da perna, pero estivo sen Mateo Blanco por enfermidade e Adrián Carneiro, por lesión.

O partido comezou co Obra conseguindo as primeiras vantaxes no marcador, xogando un gran baloncesto desde o principio, con moito acerto en ataque, sobre todo detrás da liña de tripla. En defensa, foi capaz de pechar agresivamente o rebote e converter defensa en ataque.

O segundo cuarto continuou da mesma maneira. O Obradoiro sendo o mellor ao principio, con bo movemento e xogo sen balón para seguir arriba no partido.

Os últimos 3 minutos do cuarto foi totalmente ao revés. O Cenor Obradoiro tivo problemas de faltas, e deixou o Seis do Nadal Coia volver remontar o partido, con varias canastras seguidas. O Obra baixou a súa confianza en ataque, onde non foi capaz de seguir pasando o balón con fluidez. O Obradoiro chegou ao descanso con moitas cousas para tratar tentar axustar na segunda parte.

Tras o paso por vestiarios, o partido empezou a coller moito máis nivel físico, onde ambos os equipos entraron no bonus por faltas moi rápido. Por iso o ritmo do partido foi moito máis condicionado cos dous equipos xogando situacións de poste baixo para levar o balón preto ao aro. No lado defensivo o Obra tivo moitos problemas para defender preto o aro, cos xogadores máis físicos en problemas de faltas, pero fíxose un bo traballo no rebote defensivo, limitando o número de posesións que o equipo de casa podía aproveitar.

No último cuarto foi onde o Obra empezou a xogar o seu mellor baloncesto, volvendo xogar rápido e avanzando o balón ben co pase. En ataque a circulación do balón destacou, onde todos os xogadores tocaron o balón durante moitas posesións. No lado defensivo o Obra foi moi adoitado, mellorando a defensa 1×1 e forzando perdas ao equipo de Seis do Nadal. Nos últimos minutos o equipo de casa foi capaz de anotar en varios ataques seguidos, para achegarse un pouco máis no marcador, pero foi o Obra o que acabou o partido como gañador.

Os parciais por cuartos foron: 9-17, 24-23, 14-17, 14-19.Agora o Cenor Obradoiro terá que esperar o sorteo do novo calendario para ver os seus enfrontamentos da segunda volta.