Etiquetas de Mautic

Crónicas canteira fin de semana Obradoiro CAB-SAD

Obradoiro CAB en O Noso Deporte

PREINFANTIL: Cafés Sabora Obradoiro

Derrota do Cafés Sabora Obradoiro na pista do Baloncesto Narón (57-49)

O pavillón da Gándara acolleu o primeiro partido da segunda fase da Liga Galega Preinfantil, un encontro onde os obradoiristas non puideron contar con Roi Rodríguez, pero si viron o debut na Liga de Marco Gómez.

O partido comezou con dous equipos imprecisos, con poucos puntos anotados, moitos erros nos tiros, pero coa vantaxe para os locais de que o Obradoiro comezou máis despistado no traballo de rebote, o que lles fixo contar con varias oportunidades extras en moitos ataques, atopando así canastras en segundas ou terceiras oportunidades. En ataque o Obra estaba moi atascado, constándolle moito atopar puntos doados.O segundo período comezou co Obra cinco puntos abaixo e aumentou esta diferenza porque os composteláns seguían con moitas lagoas de concentración e intensidade. Non foi ata a metade deste período cando comezaron a xogar mellor, con máis intensidade e boas defensas, conseguindo así contras onde si atoparon puntos máis sinxelos. Ao descanso o resultado era de 31 – 21.

A segunda metade comezou co Cafés Sábora Obradoiro seguindo coa mellora do seu xogo, baseándose nunha mellor defensa e, en ataque, ocupando mellor os espazos e correndo mellor a pista, conseguindo maior fluidez e anotando con máis facilidade, o que lles fixo recortar a diferenza de puntos.

No derradeiro período o Obra non tiña acerto no lanzamento, o que lles facía que a remontada fora algo lenta, pero conseguindo que, a falta de 2:15 para o final, estar a tan só 5 puntos de diferenza, pero o desacerto nestes últimos minutos fixo que o resultado reflexara que a mala primeira parte foi unha lousa demasiado difícil de levantar para os rapaces do Cafés Sabora Obradoiro (57-49).

Os parciais foron: 14 – 9, 17 – 12, 14 – 17, 12 – 11.

O próximo domingo volverán a enfrontarse estes dous equipos no partido de volta.