Etiquetas de Mautic

Crónicas canteira fin de semana Obradoiro CAB-SAD

Obradoiro CAB en O Noso Deporte

1a DIV. CADETE: Balidea Obradoiro

O Balidea Obradoiro vence de local ao Santo Domingo Betanzos (65-35)

O Balidea Obradoiro recibiu ao Santo Domingo Betanzos no partido de ida, correspondente á xornada 1 da segunda fase da Liga Galega Cadete.

O partido comezou cun ritmo de xogo moi alto por parte de ambos os equipos, onde os do Balidea Obradoiro presionaban o balón a toda pista e corría moi ben as transicións ofensivas despois de rebote ou recuperación do balón. Os de Betanzos, conseguían facer dano en penetracións a canastra e rebotes ofensivos, chegando ao final do primeiro cuarto cun marcador de 15-13.

No segundo cuarto, os de Betanzos tentaban seguir anotando sendo moi verticais á canastra nas penetracións, pero os obradoiristas traballaban ben noseu sistema de axudas, obrigando aos visitantes a unha mala selección de tiro.

Tras dominar o rebote defensivo conseguían correr o campo e mellorar as súas opcións ofensivas, abrindo 16 puntos de diferenza ao descanso do encontro (32-16).

Tras o paso polos vestiarios, os visitantes apostaron por unha defensa en zona 2-3, que atascaba aos do Obra nos primeiro minutos do terceiro cuarto, pero aos poucos foron lendo os desaxustes, atopando bos tiros en boas posicións con acerto, obrigando aos de Betanzos a quitar a defensa zonal.

No último cuarto o partido seguiu con moito ritmo e intensidade, pero ningún dos dous equipos gozaba de acerto nos tiros, tanto de lonxe como en posicións próximas ao aro, cos do Balidea Obradoiro tendo o control do xogo grazas a unha férrea defensa, chegando ao final do partido co marcador de 65-35.

Os parciais de cuartos foron: 15-13, 17-3, 18-6 e 15-13.

O próximo partido o Balidea Obradoiro viaxará a Betanzos para disputar o partido de volta.

1a DIV. CADETE: OCA Hotels Obradoiro Vedra

Derrota do OCA Hotels Obradoiro Vedra ante o Ensino Lugo (82-67)

O OCA Hotels Obradoiro Vedra visitou ao Ensino Lugo no Palacio dos Deportes de Lugo.

Comezou o encontro cun intercambio de golpes entre ambos os conxuntos, cos de Ensino Lugo controlando o ritmo do partido grazas a unha mellor orde edureza en defensa, que lles outorgaba as primeiras vantaxes no marcador, chegando ao final do primeiro cuarto con 9 puntos de diferenza (28-19).

No segundo cuarto os do OCA Hotels Obradoiro Vedra endureceron a defensa, freando o ritmo anotador do Ensino Lugo, pero tiñan moitas dificultades para sumar en ataque e chegábase ao descanso cun marcador de 47-33 para os de Lugo.

Á volta do vestiario, os dous equipos propuxeron defensas duras cun choque de estilos, os obradoiristas facendo un despregamento a todo o campo como na primeira parte e o Ensino Lugo pechando os espazos en media pista, que dificultaba aos visitantes atopar as súas mellores opcións ofensivas e sacaba unha diferenza de 24 puntos ao final do terceiro cuarto (69-45).

No último cuarto, o partido continuou con gran intensidade, onde os do OCA Hotels Obradoiro Vedra seguiron competindo ata o final, recortando a diferenza ata os 15 puntos, cun marcador final de 82-67.

Os parciais por cuartos foron: 28-19, 19-14,22-12 e 13-22.

No seu próximo encontro, o OCA Hotels Obradoiro recibirá ao Ensino Lugo no Polideportivo de Vedra.

2a DIV. CADETE: Ferrecal Obradoiro

Vitoria do Ferrecal Obradoiro na súa visita á pista do CB Noia (67-74)

Vitoria sufrida na tarde de domingo no partido disputado en Noia que permite ao Ferrecal Obradoiro contar as xornadas por vitorias nesta segunda fase (67-74).

O partido empezou ben por parte dos obradoiristas, que xeraban vantaxes e compartían o balón, pero con desacerto de fronte ao aro o cal permitía aos locais achegarse no marcador, rematando o primeiro cuarto cun 12-14 no electrónico.

No segundo período os locais subiron o ritmo defensivo e os xogadores do Ferrecal Obradoiro atoparon máis acerto de fronte ao aro, pero con graves desaxustes defensivos o que provocaba canastras en ambos os lados, que deixaba un 30-36 ao descanso.O terceiro período foi un calco do segundo. Os visitantes anotaban con facilidade, pero seguían con erros de concentración. A pesar diso, agrandaban a diferenza, que deixaba 47-59 ao fin do terceiro cuarto.

No último período o cansazo apareceu en ambos os equipos, pero o desacerto só nos obradoiristas, permitindo aos locais achegarse no marcador provocando un final igualado que os composteláns resolveron grazas ao maior acerto no último minuto e que deixou un 67-74 final.

Parciais: 12-14, 18-22, 17-23 y 20-15.

Anotaron: Tomás (3), Pablo (23), Javi (7), Guillermo, Andrés, Fran (6), Carlos, Juan (7), Álvaro, Rubén (16) e Amil (12).

1a DIV. INFANTIL: Cenor Obradoiro

O Cenor Obradoiro segue a súa boa serie cunha segunda metade para lembrar ante Seis do Nadal Coia (92-45)

O Cenor Obradoiro chegou ao partido con 10 xogadores dispoñibles.

O partido empezou de forma moi igualada. Ambos os equipos aproveitaban para correr en contraataque e repartir as primeiras canastras. O equipo visitante aproveitaba para xogar varias situacións de poste baixo, castigando a mala defensa do Obra e conseguindo chegar á liña de tiros libres polas faltas do Obra. Pola súa parte, o Obra foi capaz de xogar moitas situacións de dividir e dobrar pero non foi capaz de anotar con fluidez preto ao aro. O partido foi empatado ata os últimos minutos do cuarto ata o momento no que o Obra subiu o nivel de presión nas liñas de pase, roubando e convertendo canastras en contraataque.

O segundo cuarto estivo marcado polas defensas de ambos conxuntos. O Obra aproveitando para mellorar o seu traballo de presión a toda pista, con moita actividade sobre o balón e logo mellorando o seu traballo no rebote. Pero foi a mala circulación do balón a que condenou o Obra, con moitas perdas no cuarto.

Nese momento o equipo visitante gañou confianza e empezou de meter tanto no 1×1 cara ao aro e no tiro exterior. O Obra chegou ao descanso con moitoscambio por facer, sobre todo a regularidade e actitude para facer as cousas mellor en equipo.

Tras o paso por vestiarios foi o Obra o que empezou de coller a iniciativa no partido. Cunha mellorar na circulación do balón ofensivamente, asegurando liñas de pase para poder reducir perdas e unha mellora no rebote ofensivo, o Obra foi capaz de enlazar varias posesións de anotación, cun gran acerto desde triple. Atrás mellorou o balance defensivo para frear os contraataques do equipo visitante e tamén mellorou na defensa colectiva a media pista, non deixando unha fácil circulación do balón.

O ultimo cuarto estivo máis igualado. O Cenor Obradoiro baixou o acerto en ataque, pero o equipo foi capaz de manter a intensidade en defensa para deixar ao seu rival en só 10 puntos.

Ao final do partido o Obra resultou gañador tras o bo traballo da segundo metade.

Os parciais por cuartos foron: 27-18, 17-10, 30-6, 18-11.

O próximo partido será a volta contra Seis do Nadal, o sábado 12 de marzo, ás 10:00 en Vigo.

2a DIV. INFANTIL: Bahía Software Obradoiro

O Bahía Software Obradoiro conseguiu a vitoria ante o La Salle (35-61)

O Bahía Software Obradoiro visitou a pista do La Salle para disputar o encontro de volta da segunda fase.

O partido comezou cun ritmo e tensión competitiva bastante mellorables. O Bahía Software Obradoiro conseguía dominar o rebote para conseguir puntos fáciles, mentres que flaqueaba na defensa. Aínda así, chegouse ao segundo cuarto cunha vantaxe obradoirista (6-16).

Neste segundo cuarto, o Obradoiro foi mellorando a súa presenza na pista. Con espazo en ataque atopábanse bos tiros, mentres que La Salle conseguía anotaren accións de esforzo. Un ritmo máis alto de xogo permitía ir ao equipo visitante liderando o marcador (11-28).

Tras o descanso, o Bahía Software Obradoiro foi capaz de seguir mellorando individual e colectivamente. Unha mellora na defensa obradoirista no 1×1 (ben colocados como equipo) propiciaba un intercambio de posesións rápidas que favorecía aos visitantes. O equipo local seguía competindo, mentres que o partido parecía estar decidido (21-45).

No último cuarto ambos os equipos seguiron aproveitando os minutos. O Bahía Software Obradoiro non se relaxaba e seguía coa súa mellora durante o partido para facerse coa vitoria final (35-61).

Por parte do Bahía Software Obradoiro xogaron e anotaron: Tomás Chao (15), Iker Mazari (5), Yago Suárez (8), Jairo Olivas (4), Hugo Fraga (14), Hugo Balsa (2), Matteo Péndola (2), Miguel Sobrino (1), Eloy Rodríguez (6), Martín Seoane (-), Mario Rama (2) e Lois Freire (2).

Os parciais foron: 6-16, 5-12, 10-17 e 14-16.

O seguinte partido será a próxima fin de semana, visitando ao Instituto Rosalía Fedesa, en horario por determinar.