Etiquetas de Mautic

Triunfos de Amador Pena e Julia Vaquero no Monte do Gozo

  • Sesenta atletas branquiazuis participaron no Cross Solidario
  • Yago Iglesias tamén venceu en sub-18 no I Cross Cova da Bruxa de Muros

O II Cross Solidario en favor da Investigación de Duchenne e Becker «Unha tarde con Samuel» foi a competición central dos nosos atletas a pasada fin de semana. Na cita do pasado sábado no Monte do Gozo participaron aproximadamente sesenta atletas branquiazuis, que ademais de amosar a súa solidariedade coa causa do noso amigo Samuel, completaron con grandes marcas o percorrido da proba.

Amador Pena e Julia Vaquero foron os gañadores absolutos e os primeiros en completar as catro voltas a un circuito pechado de case 5km.

Con todo, o gran trunfo da SD Compostela Atletismo foi a súa ampla representación, tanto nas diferentes probas por categorías coma na andaina, o que lle valeu para ser o club máis numeroso en participantes e conseguir o primeiro posto na clasificación por equipos, seguido do Club Deportivo Brión e do Noitebra FC.

Entre a ampla representación branquiazul, houbo moitos corredores nas categorías inferiores.

En pitufo: Marco Sotelo. En prebenxamín: Brais Alvarellos, Lara Fernández, Ramón Ramos, Zaira Salgado, Izan Parrado, Leo Fernández, Martín Sotelo, Ramón Monteagudo e Alex Pena. En Sub10/ 12: César Ramos, Xabi Alegre, Carme Dapena, Antón Monteagudo, Xandre Dapena, Amanda Fernández, Sofía Suárez, Daniela Gil, Ariana Iglesias, Iara Torres, Claudia Castro, Eric Iglesias, Hugo García, Clara López, Xoel Otero e Marcos Barcala. Sub 14/16: Diana Botana, Lola Villar, Africa Gil, Lucía Taboada, Hugo Otero e Paula Fernández.

Na proba para adultos, ademais dunha extensa lista de atletas branquiazuis, moitos deles ocuparon postos de premiación. Amador Pena, cun tempo de 15:18 foi gañador da proba da súa categoría Máster1. Por detrás del, Yago Iglesias foi 4o xeral e 2o da súa categoría Sub-18/20. A continuación chegaron a meta Alejandro Montero en 6o lugar e 1o Senior (16:15) e Emilio García que foi 7o xeral e 2o Máster2 cun tempo de 16:22.

Julia Vaquero foi campioa absoluta femenina e da categoría Máster2, atravesando a liña de meta nun tempo de 19:11, seguida da nosa atleta Elena Veres (19:41), que foi 3a xeral e 1a da categoría Senior. As corredoras branquiazuis María Tarrío (20:27) e Nuria Mejuto (21:58) tamén acadaron excelentes resultados nas súas respectivas categorías, sendo 1a Máster1 e 2a Senior.

Máis Resultados: Manuel Castiñeiras 16:44, Juan Carlos Raviña 17:03, Lennon Almeida 17:16 (3oSEN), Juan Luis Amigo 18:42, Roi Porteiro 19:04, Pedro Pazos 19:04, Iván Abeledo 19:23, Jorge Castro 20:01, Alberto Fernández 20:03, Alberto Carrillo 20:53, Juan José Alvarellos 20:54, Julia Salvado 21:48 (2o Sub 18/20), Roi García 21:49, Laureano Varela 21:53, Francar García 22:43, Juan Luis Botana 23:20, Jesús Manuel Baña 23:47, Fernando Casal 23:50, Sonia Rodríguez 24:07, Jesús Cabo 24:20, Francisco Pena 25:45, Fran Espino 29:08, Vanesa Fernández 29:17, María Codesido 29:37 e Bartolome Balsa 29:38.

Por outra parte, tamén tivemos atletas participando en competicións en pista dentro do calendario XOGADE en A Pobra do Caramiñal. Alí, Clara Leis participou nas probas de 60m e 500m e Irene Leis estivo na Altura.Ademais, destacou tamén a participación de Yago Iglesias, Manuel Castiñeiras e Nuria Mejuto no I Trail Cova da Bruxa celebrado o domingo en Muros. Os tres atletas fixeron dobrete de competicións, despois de ter participado na cita do Monte do Gozo o sábado. Yago proclamouse vencedor da proba na categoría Sub-18 cubrindo unha distancia aproximada de 3km en 8:19, namentres Castiñeiras e Nuria completaron un duro percorrido de 16km, moi técnico e con 800m de desnivel positivo, en 1:48:16 e 2:24:11, respectivamente.

Para rematar a fin de semana, o domingo pola tarde tivo lugar outra emotiva cita para a SD Compostela Atletismo. Os nosos atletas Julia Vaquero e Amador Pena, medallistas europeos e grandes referentes do atletismo en Galicia, foron homenaxeados pola Sociedade Deportiva Compostela antes do derbi entre o Compos e o Coruxo. Julia e Amador realizaron o saque de honra, acompañados dunha ampla representación de atletas do club nas gradas do Vero Boquete.

As competicións regresarán a próxima fin de semana para os nosos atletas coa celebración de diversas probas en pista do calendario Xogade.