Etiquetas de Mautic

Entroido coa SD Compostela Atletismo

Fin de semana de disfraces e da troula típica do Entroido, pero tamén de diversas citas deportivas nas que participaron os atletas da SD Compostela Atletismo.

En Rábade (Lugo) celebrouse o sábado o XIX Memorial Eduardo Fernández Villamarín «Negrín», unha proba de 7km na que participaron dous atletas senior do club: Nuno Costa e Jordi Carrasco.

Nuno Costa proclamouse vencedor absoluto da histórica carreira, superando a liña de meta nun tempo de 20:53, cunha vantaxe de máis de 20 segundos sobre o segundo clasificado. Pola súa banda, Jordi Carrasco fixo o propio en 22:53, e obtivo a primeira posición na súa categoría e a noveno na xeral.

O Concello de Trazo recuperou a súa tradicional carreira do Entroido, que neste 2022 celebrou a súa IV Edición. Alí estiveron atletas do club, tanto de categorías base como adultos, que deixaron pegada branquiazul.

Na proba infantil Sub-12 participaron: Xoel Otero, Claudia Castro, Hugo Moledo e Daniela Maceiras. Mentres tanto, na proba absoluta para adultos; o «Trillazo», a SD Compostela Atletismo estivo representada por: Brais Pérez, que foi terceiro clasificado absoluto cun tempo de 17:30; Francar García, 19o posto e 19:16; Jorge Castro, 33o posto e 20:49; e Ignacio Diéguez, 47o posto e 23:26.