Etiquetas de Mautic

O Arteal sela a clasificación para o playoff

  • Superou ao San Sebastián de los Reyes por 1-4 para certificar o pase

O Arteal SD Compostela logrou esta pasada fin de semana o obxectivo que se marcou a principio de tempada, clasificarse para os playoffs pola loita do título de liga. Para iso, necesitaba puntuar no desprazamento que realizou a Madrid para enfrontarse ao San Sebastián de los Reyes. Aos composteláns chegáballes un empate, pero lograron a vitoria por 1-4.

O primeiro partido tiña como protagonistas a Rafael de las Heras, internacional sub-23, e ao cuarto xogador do Arteal, Oriol Monzó, quen demostrou un bo nivel de xogo derrotando por 0-3 (10/12, 7/11, 9/11) a un rival moi complicado, o cal está en plena progresión e obtendo bos resultados (0-1).

O segundo punto logrouno Humberto Manhani, que se impoñía nun partido axustado ao cubano Yhan Rinol por 2-3 (11/6, 7/11, 8/11, 11/6, 5/11) (0-2).

O 0-3 subía a continuación ao marcador, grazas á vitoria de André Silva sobre o indú Raj Mondal por 1-3 (11/9, 8/11, 7/11, 7/11). O xogador do Arteal non realizaba un partido de gran calidade, pero si efectivo, polo que non permitía ao seu rival entrar no duelo e desenvolver o seu xogo (0-3).

Co empate asegurado, Oriol Monzó tiña como rival ao cubano Yohan. Nun partido moi igualado, que se desenvolvía con erros non forzados por parte de ambos, Oriol perdía por 3-2 (7/11, 11/8, 11/7, 6/11, 11/8), polo que os madrileños estreábanse no luminoso (1-3).

A segunda oportunidade para pechar o encontro tíñaa André Silva e non fallou. Tiña que derrotar a De las Heras e logrouno, sendo ademais o mellor partido do encontro. Ambos mostraron un gran nivel, pero a experiencia de André permitiulle levar a contenda por 0-3 (9/11, 10/12, 10/12). Foron tres parciais moi axustados e mesmo remontou un 6-0 en contra no terceiro deles.

Agora, o vindeiro venres, o Arteal SD Compostela recibirá en San Lázaro ao CER L ́Escala de Girona, que ocupa o último lugar da clasificación con tan só 1 punto. Este partido pechará a fase de grupos, polo que ao finalizar a xornada coñecerá o seu rival nas eliminatorias, o cal será o Leka Enea de Irún ou o Hortitec de Alzira.