Etiquetas de Mautic

O Sigüeiro volve á senda triunfal na casa

A xornada para os equipos de fútbol-11 da base da SD Compostela tan só deixou unha vitoria, a do Sigüeiro, que recuperou a boa onda tras caer derrotado a fin de semana anterior. Pola súa banda, nos outros tres encontros, os nosos non puideron sumar.

Xuvenil A

Tras once xornadas sen coñecer a derrota, o Xuvenil A caeu de novo. Asentado na zona media da clasificación, os branquiazuis non puideron cun Pontevedra que se mostrou superior nas xogadas a balón parado, para un resultado final de 3-1. Roi Rama, na primeira metade, conseguiu igualar a primeira vantaxe granate, pero na segunda, os locais colleron renda de novo e xa foi imposible.

Tentando recuperarse do golpe, os nosos mídense este domingo nas Cancelas ao Atlético Perines, gran revelación da tempada.
Sigüeiro FC O filial, tras caer a xornada pasada contra o Boimorto, recuperouse da mellor forma, cunha goleada contra o Estudantil, para seguir igualado co Dubra na segunda praza, aínda que con dous partidos menos.

O Sigüeiro demostrou o seu poderío dende o minuto un, xa que Yago marcou nada máis arrincar o duelo. Xa na segunda metade, un dobrete de Diego Fuentes, en dous minutos, e o tanto de Santi de Prado deixaron a contenda no 4-0 final.

SD Compostela B

Non tivo tanta sorte o segundo filial, que viu como o Atlético Fátima lle remontaba nos últimos minutos, 2-1. Artai anotou o tanto branquiazul na terra do Manuel Paz Nogueira. Agora, os nosos marchan terceiros, a dúas unidades do líder, pero cun partido pendente.

Cadete A

Por último, o Cadete A caeu na casa por 0-4 contra o todopoderoso Celta, líder intratable do subgrupo.
O resto da xornada en Fútbol-11 deixounos os seguintes resultados e así marchan as súas respectivas clasificacións.