Etiquetas de Mautic

Crónicas fin de semana Obradoiro CAB-SAD

Obradoiro CAB en O Noso Deporte

1a DIV. CADETE: Oca Hotels Obradoiro Vedra

Vitoria do OCA Hotels Obradoiro Vedra ante o Instituto Rosalía, que competirá polo título da Liga Galega Cadete (67-76)

O Oca Hotels Obradoiro Vedra visitou ao Instituto Rosalía para disputar un encontro no que o equipo vencedor optaría a xogar polo título da Liga.

Comezou o encontro cun intercambio de golpes entre ambos os conxuntos, pero os do Rosalía controlando o ritmo do partido grazas a unha mellor orde e dureza en defensa, onde lles outorgaba as primeiras vantaxes chegando ao final do primeiro cuarto con 6 puntos de vantaxe no marcador (16-14).

No segundo cuarto, o OCA Hotels Obradoiro Vedra seguiu duro en defensa e logrou converter canastras rápidas e así poñerse por diante no electrónico, cun bo desempeño colectivo, con moita enerxía para defender e correr transicións ofensivas (30-32).

Á volta do vestiario, os dous equipos propuxeron defensas duras cun choque de estilos. O Oca Hotels Obradoiro Vedra facendo un despregamento a todo o campo como na primeira parte e o Instituto Rosalía pechando os espazos en media pista presionando o balón e cortando liñas de pase . Así transcorreu o terceiro cuarto onde o local seguiu capitalizando as canastras de transición, sacando 11 puntos de vantaxe no marcador, vantaxe que foi reducida nun minuto de xogo polos do Obra, convertendo 3 triplos seguidos, rematando o terceiro cuarto con 3 puntos de desvantaxe (52-49).O último cuarto foi de moitas impresicións, intercambiando golpes continuamente, chegando ao final do mesmo con empate en 63 e levando o
partido á prórroga.

Na prórroga, os do Oca Hotels Obradoiro estiveron mais intensos en defensa e controlaron os rebotes en ambos os taboleiros, e isto dáballes o premio de gañar o partido e clasificarse en 4a posición, asegurando a permanencia na
categoría e optar a xogar polo título da Liga Galega Cadete.

Os parciais por cuartos foron: 16-14, 14-18, 22-17, 11-14 e 4-13.

1a DIV. INFANTIL: Cenor Obradoiro

O Cenor Obradoiro consegue unha vitoria moi traballada ante o Iberconsa Novobasket (67-74)

O Cenor Obradoiro chegou ao partido con 9 xogadores dispoñibles.

O partido empezou co Cenor Obradoiro traballando ben en defensa anulando as penetracións de Iberconsa Novobasket e forzando un ritmo alto en ataque, cunha rápida circulación do balón e verticalidade cara á o aro. Pero os locais mantivéronse no partido facendo un traballo duro no rebote ofensivo, aspecto no que o Obra tivo moitos problemas durante os últimos partidos. Aínda así, os composteláns conseguiron chegar ao final do primeiro cuarto cunha vantaxe de 7 puntos, grazas a un gran xogo sen balón en ataque.

O segundo cuarto estivo marcado polo ritmo do Iberconsa Novobasket, causando moitos problemas aos obradoiristas. Este cuarto estivo marcado sobre todo pola defensa a toda pista do Novobasket. Subindo a dureza na defensa das liñas de pase, o Novobasket forzou moitas perdas de balón e remontaron o partido.

O Obra non foi capaz de anotar nas superioridades ofensivas e moitas posesións precipitados, o que significou un cuarto de baixa anotación. Pero grazas ao seu traballo no rebote ofensivo e un bo balance defensivo foi capaz de manterse en partido e levar unha pequena vantaxe ao descanso.

Tras o descanso foi o Cenor Obradoiro o que saíu mellor. O equipo foi capaz de solucionar os problemas no rebote e a saída de presión mentres melloraban asúa dureza en defensa e atopaban ritmo en ataque. Isto, sumado ao acerto en ataque, fixo que a vantaxe aumentase ata os 11 puntos. Pero, de novo, a falta de dous minutos para o final do terceiro cuarto, o Novobasket foi capaz de remontar o partido, castigando ao Obra desde o perímetro e as súas malas rotacións defensivas. O Obra chegou ao ultimo cuarto cunha diferenza de só 2 puntos a favor.

Foi no último cuarto onde o Cenor Obradoiro mostrou a súa mellor versión defensiva, mellorando sobre todo a defensa dos bloqueos indirectos, traballando con moita actividade de mans e forzando perdas ao seu rival.

Nese momento os obradoiristas volveron facer que circulase moi ben o balón en ataque, metendo varias canastras importantes para aumentar a vantaxe no marcador, incluíndo un tiro desde o perímetro nos últimos minutos que deu moita seguridade ao equipo. A final o Obra conseguiu unha vitoria baseada no traballo colectivo onde achegaron todos os xogadores.

Os parciais por cuartos foron: 15-22, 21-16, 18-19, 13-17 O próximo partido será contra Seis do Nadal, o domingo 6 de Marzo, ás 12:30 en Santiago.

2a DIV. INFANTIL: Bahía Software Obradoiro

O Bahía Software Obradoiro suma una vitoria ante o La Salle Proyde Mixto (74-45)

O Bahía Software Obradoiro recibiu no pavillón de Lorenzo de la Torre ao La Salle Proyde para disputar o encontro de ida da segunda fase da competición.

No primeiro cuarto púidose ver unha boa versión do Bahía Software Obradoiro. A defensa era sólida nos primeiros segundos e permitíalles sumar canastras fáciles. La Salle conseguía anotar pero chegábase cun marcador favorable para os locais ao segundo período (28-13).

Neste cuarto, baixou notablemente o ritmo do partido. O acerto baixou en ambos os conxuntos e La Salle castigaba o rebote defensivo do Obradoiro.

Aínda así, os obradoiristas foron capaces de seguir aumentando a diferencia no electrónico.Tras o paso polos vestiarios, igualouse máis a produción dos dous equipos. La Salle conseguía canastras en contraataque e no rebote ofensivo. O Bahía Software Obradoiro mantiña un bo nivel ofensivo e defensivo na pista e a vantaxe conseguida ao principio, permitía chegar co partido virtualmente decidido ao último cuarto (58-36).

Nos últimos dez minutos, o Bahía Software Obradoiro seguía buscando mellorar como equipo ante un rival que non lle perdía a cara ao partido, sendo un equipo moi competitivo durante os 40 minutos (74-45).

Por parte do Bahía Software Obradoiro xogaron e anotaron: Tomás Chao (23), Iker Mazari (-), Yago Suárez (8), Jairo Olivas (2), Héctor Blanco (14), Hugo Fraga (7), Hugo Balsa (-), Matteo Péndola (-), Noé Godón (4), Mateo Riveiro (6), Mario Rama (6) e Lois Freire (4).

Os parciais foron: 28-13, 16-6, 14-15 e 16-9.

O seguinte partido será a próxima fin de semana na pista de La Salle, en horario por determinar.