Etiquetas de Mautic

Crónicas fin de semana Obradoiro CAB-SAD

Obradoiro CAB en O Noso Deporte

LIGA EBA: Obradoiro Silleda

O Obradoiro Silleda leva un emocionante encontro tras unha gran segunda parte (79-78)

O Obradoiro Silleda recibiu a un dos conxuntos máis en forma da competición, un ULE Basket León que viña de gañar os seus últimos tres encontros e co que estaban empatados na clasificación.

Tal e como se podía prever, o partido comezou con máxima igualdade en todos os aspectos do xogo. Con ambos os equipos marcando un alto nivel de intensidade e buscando xogar a campo aberto cada vez que podían, as alternancias no marcador eran continuas, chegando con só un punto de diferenza aos últimos minutos do cuarto.

Foi nese momento no que os visitantes lograron facerse co ritmo do choque, forzando perdas do seu rival e anotando un triplo sobre a bucina que os poñía catro puntos arriba ao final do primeiro período.

A dinámica dos últimos instantes do primeiro cuarto mantívose en todo o segundo parcial, cos obradoiristas cometendo demasiados erros en ambos os lados da pista que os leoneses aproveitaban para empezar a abrir brecha, logrando irse ao descanso cun 37-50 ao seu favor, cun novo triplo sobre a bucina do cuarto.

Con todo, cando peor pintaban as cousas para os locais estes foron capaces de cambiarlle a cara ao partido, cunha defensa moito máis sólida e un ataque mellor organizado endosaban un parcial de 7-0 de saída que os devolvía ao encontro.

O ULE Basket León trataba de manter a vantaxe desde o seu xogo de presión defensiva, pero os obradoiristas aprenderan dos seus erros da primeira parte e seguiron aos poucos reducindo distancias ata chegar ao final do cuarto con empate a 63 no marcador.

A partir deste intre a igualdade foi máxima, cos locais facendo dano desde o triplo e os visitantes tratando de dominar na pintura, pero sen un dominio claro para ningún dos dous conxuntos.Nos últimos instantes a gran presión leonesa volveu forzar perdas ao seu rival, pero unha última posesión obradoirista coa consecuente defensa, permitiulles pechar unha meritoria vitoria por 79-78 ante un gran rival.

Por parte do Obradoiro Silleda anotaron: E. A Nongo (5), C. Hernández (14), M. Souto (10), A. Soto (-), C. Taboada (5), S. Huguet (15), M. Paz (-), J. Cal (2), F. Belo (-), S. Paz (25), G. González (3) e E. Diahame (-).

Os parciais por cuartos foron: 23-27, 14-23, 26-13 e 16-15.

https://baloncestoenvivo.feb.es/partido/2220745

A próxima fin de semana o Obradoiro Silleda visitará a pista do Santo Domingo Betanzos o domingo ás 17:00 horas en procura dunha nova vitoria.

1a DIV. JUNIOR: Obradoiro Peleteiro

O Obradoiro Peleteiro consolida o seu liderado cunha vitoria en Ferrol (47-77)

O Obradoiro Peleteiro visitou a pista do Basket Ferrol, un dos conxuntos que se atopa na pelexa por lograr a segunda praza da 1a División Junior.

Comezou o partido cos dous equipos tratando de realizar un xogo rápido, resultando tremendamente atractivos os minutos iniciais grazas ao nivel ofensivo. Co paso dos minutos os obradoiristas foron sumando e corrixindo erros no balance, obrigando ao seu rival a xogar en estático e reducindo enormemente a súa produción ofensiva.

Os minutos iniciais do segundo período continuaron coas mesmas premisas coas que acabou o primeiro: solidez defensiva no un contra un e rápidas transicións para os visitantes. A diferenza no marcador íase aumentando, tratando o Basket Ferrol de cortar a dinámica do Obradoiro Peleteiro a través de defensas zonais. Con todo, o bo facer defensivo dos obradoiristas e o seu acerto desde o triplo fixo que non sufrisen en exceso contra os cambios defensivos do seu rival e fósense ao descanso cun 24-43 ao seu favor.Tras o paso por vestiario o Basket Ferrol reaccionou, demostrando a calidade que atesouran e fixeron dano aos visitantes desde a liña de tres puntos e con contraataques tras forzar perdas do seu rival. A diferenza mantíñase nos vinte puntos de vantaxe, pero os locais lograban gañar o cuarto ao Obradoiro Peleteiro, que pese ao esforzo local volvía subir da barreira dos vinte puntos grazas a un triplo sobre a bucina do cuarto.

No último período o Obradoiro Peleteiro volveu recuperar os seus acenos de identidade, un sólido nivel defensivo e un gran dominio no rebote. Esta mellora defensiva permitiulles volver anotar a campo aberto e estirar a vantaxe ata o 47- 77 final.

Por parte do Obradoiro Peleteiro anotaron: Fuentes (2), Rigueiro (2), Vilar (12), Prieto (7), Gil (6), Diahame (11), Casais (-), Fernández (18), Colom (4), Serra (6), Bocca (9), Romero (-).

Os parciais por cuartos foron: 10-18, 14-25, 16-14 e 7-20.

A próxima semana repetirase o enfrontamento entre os dous equipos, esta vez o sábado ás 10:00 horas no pavillón de Montouto.

2a DIV. JUNIOR: GRUPO CAEIRO OBRADOIRO VEDRA

O Grupo Caeiro Obradoiro Vedra suma unha nova vitoria no partido aprazado ante o CB Noia (81-56)

O Grupo Caeiro Obradoiro Vedra recibiu no pavillón municipal de Vedra a un C.B. Noia minguado polas baixas.

O bo traballo local unido a que o seu rival só puido contar con seis xogadores, fixo que os obradoiristas rompesen o partido xa na primeira parte.

Desde o salto inicial os obradoiristas mantiveron unha forte presión defensiva, forzando perdas do seu rival e empezando a sumar puntos a contraataque. O CB Noia mantivo un gran nivel de xogo durante o primeiro cuarto, pero aos poucos foise desinflando e un parcial de 28-13 no segundo cuarto fixo que os obradoiristas chegasen ao descanso cunha vantaxe de 48-26 que sería definitiva.A partir do terceiro cuarto o ritmo do partido baixou, cos visitantes moito máis cómodos e ambos os equipos tratando de xogar máis posesións a media pista, as diferenzas mantivéronse ata o final do encontro, levándose o Grupo Caeiro Obradoiro Vedra a vitoria por 81-56.

Os parciais por cuartos foron: 20-13, 28-13, 15-14 e 18-16.

A próxima fin de semana o Grupo Caeiro Obradoiro Vedra visitará a pista do líder da competición, o Peleteiro.

1a DIV. CADETE: Balidea Obradoiro

O Balidea Obradoiro vence de visitante ao Basquet Coruña (36- 80)

O Balidea Obradoiro visitou ao Basquet Coruña no último partido da Fase Norte da Liga Galega Cadete.

O partido comezou con bo ritmo e moita intensidade por parte de ambos os equipos, onde os do Balidea Obradoiro collían as primeiras vantaxes no marcador, cos do Basquet Coruña con dificultades para atopar os primeiros puntos do partido. Chegábase ao final do primeiro cuarto cun 4-22 no marcador.

No segundo cuarto, os do Basquet Coruña atoparon a súa mellor versión do partido en ataque e tras a boa circulación de balón atoparon tiros liberados, que lles permitía seguir metidos no partido. Ao chegar ao descanso do encontro o marcador era de 20-4 para os do Balidea Obradoiro.

Tras o paso polos vestiarios, os obradoiristas subían a intensidade defensiva e melloraban o cerco reboteador na súa canastra e así tomaban o control do ritmo do partido, con boas saídas en ataque rápido e boa circulación de balón para atopar tiros abertos en ataques estáticos, chegando ao final do terceiro cuarto cun marcador de 28-59.No último cuarto o partido seguía con moito ritmo e intensidade, cos de Basquet Coruña sen perder a cara ao partido e xogando ambos os equipos a máxima intensidade ata o final do mesmo, facendo que o partido fora intenso con moi boas accións de xogo para a categoría, chegando ao final do mesmo co marcador de 38-80 para os de Balidea Obradoiro.

Os parciais de cuartos foron: 4-22, 16-19, 8-18 e 8-21.

O Balidea Obradoiro remata invicto a primeira fase da Liga, con 14 vitorias e 0 derrotas.