Etiquetas de Mautic

Crónicas Canteira Fin de Semana Obradoiro CAB-SAD

Obradoiro CAB en O Noso Deporte

LIGA EBA: Obradoiro Silleda

O Obradoiro Silleda cae na súa visita ao Unicaja Banca Oviedo (62-59)

O Obradoiro Silleda visitou o pavillón de Pumarín para medirse ao Unicaja Banca Oviedo na procura da súa segunda vitoria no 2022.

Arrincou o encontro cos visitantes mostrando un sólido xogo en ambos os lados da cancha, marcando o ritmo desde a defensa e, a pesar de non estar acertados en moitas accións claras, dominando o encontro cun 4-12 nos primeiros minutos. Con todo, foi un espellismo, xa que a partir de metade do primeiro cuarto os obradoiristas empezaron a atopar cada vez máis dificultades para anotar e aos poucos o partido foise igualando.

No segundo período os locais rompían a defensa santiaguesa e poñíanse por diante por primeira vez no encontro. Os obradoiristas renunciaban a demasiados lanzamentos exteriores e non eran capaces de anotar baixo o aro, chegándose ao descanso cun 35-34 para o Unicaja Banca Oviedo.

Tras o paso por vestiarios, os locais dominaron por completo o encontro, deixando en tan só un punto aos obradoiristas no primeiros cinco minutos e logrando unha renda de dez puntos ao seu favor. Aos poucos, o Obradoiro Silleda volveu retomar o seu nivel defensivo e logrou poñerse a tan só dous puntos con todo o último cuarto por xogar, pero sen lograr atopar a fluidez ofensiva habitual.

No últimos dez minutos, os obradoiristas tiveron varias ocasións para volver entrar en partido, pero en cada oportunidade un erro en forma de perda non forzada acababa freando a súa remontada. Finalmente, nos últimos segundos, o Obradoiro Silleda tivo dúas oportunidades para empatar o partido, pero un novo erro provocou que a vitoria quedase en Oviedo.

Por parte do Obradoiro Silleda anotaron: N. Barreiro (13), B. A Nongo (4), C. Hernández (7), M. Souto (2), M. López (4), C. Taboada (2), A. Yailo (12), M. Paz (-), J. Cal (3), F. Belo (-), S. Paz (7) e G. González (5).

Os parciais por cuartos: 14-19, 21-15, 15-14 e 12-11.A próxima fin de semana o Obradoiro Silleda viaxará ata Valladolid para enfrontarse ao C.B. La Flecha, o sábado ás 18:30 horas.

1a DIV. SENIOR: Obradoiro USC

O Obradoiro USC cae ante o líder do seu grupo, o Calvo Basket Xiria (76-65)

O Obradoiro USC xogou a domicilio o sábado en Carballo ante un Calvo Basket Xiria que se xogaba quedar matemáticamente primeiros do Grupo Norte nesta primeira fase.

O equipo visitante contaba coa baixa de Gorka Arejolaleiba, completando a convocatoria os juniors Anxo Casais e Fran Fuentes. Os primeiros cinco minutos foron de máxima igualdade no marcador, nun inicio no que ambos os conxuntos saíron con moito ritmo e con moita agresividade no 1×1. Con todo, os descoidos defensivos e o escaso acerto do Obradoiro USC, decantou o marcador cara aos locais ao final do período.

No segundo cuarto continuou esta tendencia. Os visitantes non conseguían corrixir os desaxustes defensivos, aspecto que aproveitou o Basket Xiria para circular con velocidade o balón e atopar tiros liberados ou vantaxes concretas, como o poste baixo, desde onde lle fixeron dano a un quinteto pequeno do Obradoiro USC.

O paso polos vestiarios supuxo un punto de inflexión no partido. Os santiagueses subiron liñas defensivas e melloraron considerablemente a defensa de 1×1 e o rebote defensivo, os déficits da primeira parte. Isto posibilítalles tanto atascar o ataque do Básquet Xiria como atopar tiros rápidos e superioridades.

No último cuarto, a tendencia foi similar. Con todo, a pausa de Carballo para volver controlar o ritmo do partido e as perdas cometidas polo Obradoiro impiden que estes poidan culminar a remontada, acabando o período cun parcial de 16-15 co que os locais certificaban a vitoria e o primeiro posto do grupo.Por parte do Obradoiro USC xogaron: F. Barreiro (2), A. Carrera (2), A. Casais (-), M. Gold (3), A. Forján (4), F. Fuentes (-), T. Álvarez (5), L. Fernández (4), F. Belo (24), A. Soto (9) e P. Pérez (12).

Os parciais por cuartos foron: 24-15, 24-13, 12-22 e 16-15.

A próxima fin de semana, o Obradoiro USC disputará dous partidos en dous días. O venres xogará a domicilio fronte ao CB Viveiro, nun partido que se disputará ás 20:00 horas. Por outra banda, o sábado ás 19:15 recibirán no Pavillón Lorenzo da Torre ao Calvo Basket Xiria.

1a DIV. JUNIOR: Obradoiro Peleteiro

O Obradoiro Peleteiro vence ao Cafés Candelas Ensino (72-49)

Ambos conxuntos afrontaron o encontro con baixas nas súas filas. O encontro comezou con moi pouca tensión e pouco acerto por ambos equipos.

Os lucenses aproveitaban a pouca agresividade defensiva dos locais para anotar desde penetracións non contrarrestadas. Non existía fluidez no xogo. Ataques sen frescura custando a anotación sen acerto desde o perímetro. O cuarto rematou cun 18-14 no electrónico.

O segundo período continuou coas mesmas premisas ca o inicial. O xogo resultaba moi espeso, sen que ningún dos dous conxuntos impuxese o ritmo que máis lle conviña. Ao descanso vantaxe de 8 puntos por parte dos locais que tiñan dificultades no apartado defensivo.

O Obradoiro Peleteiro afrontou o terceiro cuarto coa necesidade de mellorar colectivamente en defensa. Ao comezo do período non o logra e é a partir da segunda metade cando forza erros dun competitivo equipo lugués.

Durante o último período mellorou o ritmo. Víronse a dous equipos concentrados e intensos pelexando pola vitoria. Comezouse a ver un xogo máis fluído e con maior claridade en ataque. Ningún estaba disposto a ceder aos refachos do seu opoñente.

Os composteláns conseguiron meter unha marcha máis para impoñerse nos minutos de maior anotación, conseguindo así unha importante vitoria (72-49).Por parte de Obradoiro Peleteiro anotaron: Rigueiro (-), Casais (12), Vilar (7), Prieto (21), Gil (6), Fernández (7), Sama (5), Romero (6), O Hadji (2), Fuentes (5) e Serra (1).

Os parciais por cuartos foron: 18-14, 14-10, 16-8 e 24-17.

A próxima xornada repetirase o enfrontamento en Lugo.

2a DIV. JUNIOR: GRUPO CAEIRO OBRADOIRO VEDRA

Primeira vitoria do Grupo Caeiro Obradoiro Vedra na segunda fase (49-87)

O Grupo Caeiro Obradoiro Vedra disputou o primeiro partido desta segunda fase despois de estar dúas semanas sen competición con varios xogadores lesionados e con casos de covid, contra o CB Noia Lolitas moda.com.

Os composteláns sabían que os equipos de Noia adoitan ser moi físicos e competitivos, pero ante a ausencia de varios xogadores presentaron un número de xogadores moi reducide só acudiron seis á cita.

A pesar das baixas o C.B. Noia saíu cunha gran intensidade e competiu en todo momento, pero aos poucos a superioridade dos visitantes foi facendo efecto, aumentando de forma progresiva a distancia no electrónico.

O equipo local, por mor das baixas e eliminados, tivo que disputar case todo o último cuarto con 4 xogadores, momento no que os obradoiristas decidiron traballar a presión dende media pista e o tiro exterior.

Os parciais por cuartos foron: 18 – 29, 12 -18, 3-24 e 16 – 16