Etiquetas de Mautic

Crónicas canteira fin de semana Obradoiro CAB-SAD

Obradoiro CAB en O Noso Deporte

1a DIV. INFANTIL: Cenor Obradoiro

O Cenor Obradoiro suma unha nova vitoria na casa ante o Sigaltec (63-13)

O Cenor Obradoiro recibiu na súa pista ao Sigaltec, sumando unha nova vitoria por 63 a 13. O partido empezou co Obra sen ser capaz de mostrar o seu mellor baloncesto, fallando varias canastras preto do aro e con pouca intensidade en defensa. O equipo tivo que pedir tempo morto para poder acender os motores de novo. A partir de aquí o equipo comezou a responder, primeiro mellorando a súa durezadefensiva no 1×1 traballando con mans moi activos, e parando penetracións cara ao aro. En ataque o equipo mostrou a súa gran capacidade de pasar o balón, con cortes ao aro onde foi capaz de sumar 2 canastras ao final do cuarto, tras uns bos pases.

O segundo cuarto foi na mesma liña co Obra traballando moito o ritmo do partido, tentando traballar ben a defensa en grupo, con boa colocación en pista e boas axudas para dificultar as canastras do equipo rival. Aproveitando esa boa defensa para poder correr en contraataque e mellorar esas situacións usando ben o pase. Ao equipo chegou ao vestiario cun bo traballo feito.

Tras o descanso, o Obra empezou a mellorar varias situacións en pista, ampliando aínda máis as diferenzas no marcador para que a vitoria quedase na casa.

Os parciais por cuartos foron: 32-5, 27-7, 4-1 (marcador pechado no segundo minuto do terceiro cuarto por diferenza a 50 puntos).

O próximo partido será o aprazado da xornada 5 contra Novobasket. O partido celebrarase o sábado 26 de febreiro ás 10:00 en Vigo.

2a DIV. INFANTIL: Bahía Software Obradoiro

O Bahía Software Obradoiro consegue unha nova vitoria ante o Instituto Rosalía (62-43)

O Bahía Software Obradoiro xogou o encontro de volta ante o Instituto Rosalía. O equipo obradoirista tivo un gran inicio de partido. A actividade defensiva e o nivel de tensión eran os axeitados e conseguíanse puntos fáciles en
superioridades. O Rosalía non anotaba con facilidade e o primeiro arreón do encontro foi para o Bahía Software Obradoiro (21-7).

No segundo cuarto, o Obradoiro seguiu ben plantado na pista. As rotacións dos locais sumaban a favor do colectivo a nivel ofensivo, pero sobre todo en defensa. O equipo visitante non tiña un gran acerto e o Bahía Software Obradoiro finalizaba unha moi boa primeira metade (32-12).No terceiro cuarto viría a reacción do Instituto Rosalía. A subida do balón dos locais era máis dificultosa e o rival acercábase perigosamente grazas á velocidade e intensidade. O equipo obradoirista foi capaz de ter unha correcta actitude nos malos momentos e reaccionar a tempo, mais o parcial sería para o equipo visitante (46-35).

Xa nos últimos dez minutos, o Bahía Software Obradoiro volveu á súa mellor versión. Ofensivamente melloraron na súa colocación e todos os xogadores aportaban. Os visitantes anotarían con maior facilidade, pero o Obradoiro puxo o broche a un gran traballo, e a vitoria quedaría na casa (62-43).

Por parte do Bahía Software Obradoiro xogaron e anotaron: Tomás Chao (15), Iker Mazari (5), Yago Suárez (4), Jairo Olivas (-), Héctor Blanco (9), Hugo Fraga (8), Hugo Balsa (-), Matteo Péndola (-), Noé Godón (7), Eloy Rodríguez (6), Mario Rama (4) e Lois Freire (4).

Os parciais por cuartos foron: 21-7, 11-5, 14-23 e 16-8.

O seguinte partido será a próxima fin de semana, recibindo a La Salle Proyde.