Etiquetas de Mautic

Crónicas canteira fin de semana Obradoiro CAB-SAD

2a DIV. INFANTIL: Bahía Software Obradoiro

O Bahía Software Obradoiro quedou na orilla ante o Instituto Rosalía (51-46)

Este sábado, no Pavillón do Colexio Pío XII de Santiago, xogouse o partido de ida, xa na segunda volta, entre o Bahía Software Obradoiro e o Instituto Rosalía.

O equipo obradoirista contou con 10 xogadores, debido as baixas de Miguel Sobrino e Hugo Fraga.O inicio marcou unha vantaxe clara para o Rosalía nas accións de máis requirimento físico: as transicións e o rebote ofensivo.

O Bahía Software Obradoiro tivo un mal inicio a nivel de atención e o equipo local castigouno para conseguir unha renda que sería moi importante de cara ao resto do encontro (15-5).

No segundo cuarto, o Bahía Software Obradoiro foi capaz de igualar e subir o nivel de intensidade. O posicionamento ofensivo permitíalles ter espazo para encontrar a canastra e o Rosalía conseguía seguir sumando. Chegouse ao intermedio cunha renda algo menor para os locais (25-18).

Tras o descanso, os visitantes certificaban a súa reacción no partido, adquirindo un bo nivel defensivo e saíndo mellor tras recuperar a posesión. Os locais seguían anotando en accións difíciles de defender para os obradoiristas por unha cuestión física pero o partido aínda non estaría sentenciado por completo (43-32).

Esquecendo os primeiros minutos, o Bahía Software Obradoiro sempre se mantivo optimista na remontada, esforzándose en accións básicas para poder seguir mellorando o seu xogo. Esta mentalidades dos xogadores, fixo que foran capaces de remontar a diferencia e chegar a pórse por riba preto do final do encontro. O Rosalía mantívose sólido e conseguiu levar unha vitoria nos últimos minutos que non desmerece o traballo obradoirista durante a meirande parte do encontro (51-46).

https://www.fegaba.com/competiciones/buscador-de-grupos

Por parte do Bahía Software Obradoiro xogaron e anotaron: Tomás Chao (13), Yago Suárez (6), Jairo Olivas (-), Héctor Blanco (12), Hugo Balsa (-), Matteo Péndola (-), Eloy Rodríguez (6), Martín Seoane (-), Mario Rama (6) e Lois Freire (3).

Os parciais foron: 15-5, 10-13, 18-14 e 8-14.

O seguinte partido será o próximo fin de semana ante o mesmo rival, no partido de volta.

PREINFANTIL: Cafes Sabora Obradoiro

Dobre xornada para o Cafés Sabora Obradoiro con balance dunha vitoria e unha derrota

Derrota do Cafés Sábora Obradoiro na visita do Básquet Coruña (33 – 79) O sábado 13 de febreiro, xogaron no pavillón Lorenzo de la Torre ás 12:30 os dous primeiros equipos do Grupo Centro da Liga Galega Preinfantil, o Cafés Sábora Obradoiro e o Básquet Coruña U13, nun partido que no que os obradoiristas fixeron o seu peor xogo da temporada. O Obra contaba coa baixa de Anxo Tato.

O partido comezou con desacerto dos dous equipos, un xogo moi rápido, con imprecisións, pero que rapidamente os coruñeses comezaron a xogar con máis acerto, aproveitando varios erros en defensa do Obra e tamén en ataque, con perdas que facilitaban contras. O Obradoiro non atopaba maneira de contrarrestar aos seus rivais e vían como se ían afastando cada vez máis no marcador.

O segundo período seguiu a mesma dinámica. O Básquet Coruña facía gala dunha defensa moi dura, con moitos contactos, contra a que os xogadores do Cafés Sábora Obradoiro chocaban unha e outra vez, sen ser capaces de superala. Ao verse superados, pouco a pouco os obradoiristas foron deixándose ir, sen mostrar moita resistencia, o que facía que a diferenza chegara ata os 22 puntos de desvantaxe ao descanso.

O inicio do terceiro período foi a peor. Os xogadores obradoiristas deixábanse ir ante a dureza dos coruñeses, que xogaron a pracer ata os dous últimos minutos do cuarto, onde despois dun novo tempo morto do adestrador local, os xogadores comezaron a sacar algo de carácter, comezaron a correr máis, animarse máis, e as sensacións foron trocando, aínda que o resultado era xa moi avultado.

O derradeiro período foi o mellor do Obradoiro. A reacción do anterior período viuse continuada, conseguindo agora sí varias canastras a base de contraataques, algunha boa acción en estático con varios pases e conseguindo tiros liberados, pero sobre todo o positivo foi a cara que mostraron os xogadores, sacando carácter, demostrando que poden facer mellor os cousas do que foi o resto do partido. O resultado final foi de 33 – 79.

Os parciais por cuartos foron: 11–23, 6–16, 4–19, 12–21.

Vitoria do Cafés Sábora Obradoiro ante o Estudiantes para pechar a primeira fase cun bo sabor de boca (21 – 72)

O Cafés Sabora Obradoiro visitou ao Estudiantes de Pontevedra, na que foi a derradeira xornada da primeira fase da competición. O Café Sábora Obradoiro non contaba nin con Anxo Tato nin con Yago Rey, mentres que sí o fixo coa axuda do xogador do infantil, Mario Rama.

O partido comezou con dous equipos que querían xogar rápido, con algunhas imprecisións iniciais, pero rapidamente o Obra foi collendo vantaxe no marcador e cada vez foise soltando máis en ataque, conseguindo anotar con facilidade a base de contraataques moi ben levados polos xogadores que levantaban rápido a cabeza atopando solos aos seus compañeiros.

O segundo período seguiu a mesma dinámica, pero ademais os obradoiristas aumentaron tamén o seu dominio do rebote ofensivo, conseguindo anotar en segundas, terceiras ou ata cuartas situacións. O nivel defensivo do Obra era claramente o aspecto a mellorar, xa que cometían bastantes erros evitables en forma de moitas faltas. Ao descanso era de 13 – 41.

Na segunda metade o Cafés Sábora Obradoiro buscou ataques algo máis en estático, buscando mover máis o balón e intentando non facer tantos contraataques, o que tamén provocou unha menor anotación pola súa parte, pero melloraron en defensa, conseguindo reducir o número de faltas.

No derradeiro período, nos últimos minutos chegouse a unha diferenza de 50 puntos, polo que se parou de sumar os puntos, pero o Obra non se desconectou e remataron o partido concentrados. O resultado final foi de 21 – 72.

Os parciais por cuartos foron: 3–16, 10–25, 7–17, 1–14.

Así remata a primeira fase para o Café Sábora Obradoiro, que quedou segundo do seu grupo. A próxima semana non xogarán e para a seguinte comezará a segunda fase do campionato.