Etiquetas de Mautic

Crónicas canteira fin de semana Obradoiro CAB-SAD

1a DIV. CADETE: Balidea Obradoiro

O Balidea Obradoiro vence de local ao Instituto Rosalía (92-45)

O Balidea Obradoiro recibiu no partido de volta do derbi compostelán aoInstituto Rosalía, partido correspondente á xornada 12 da Liga Galega Cadete, grupo Norte.

O partido comezou con bo ritmo e moita intensidade por parte de ambos os equipos, onde os do Balidea Obradoiro tentaban poñer un ritmo alto de xogo, pero os do Instituto Rosalía gozaban de bo acerto en ataque e non deixaban correr aos obradoiristas. Chegábase ao final do primeiro cuarto cun marcador de 22-14 para os locais.

No segundo cuarto, os do Balidea Obradoiro melloraron a súa actividade e intensidade defensiva e conseguían poñer en dificultade a saída de balón dos visitantes, forzándoos a erros e anotar canastras tras roubos e rebotes en ataques rápidos. Chegábase ao descanso do partido cun marcador de 42-21 para os do Obra.

Tras o paso polos vestiarios, os obradoiristas mantiñan a intensidade defensiva e xogaban con boa orde os seus ataques en 5×5, impoñendo o seu ritmo de xogo. Os de Rosalía non lle perdían a cara ao partido e continuaban tentando, fiel ao seu estilo, atacar rápido con penetracións e balóns dobrados exteriores, e conseguían boas opcións de tiro e canastras en ataques rápidos. Ao final do terceiro cuarto o marcador reflectía un 64-35.

No último cuarto o partido, con boa intensidade por parte de ambos os equipos, que movían ben o balón e buscaban as súas mellores opcións de circulando o balón, xogando ben ata o final do partido, chegando a este cun marcador de 92-45 para os do Balidea Obradoiro.

Os parciais por cuartos foron: 22-14, 20-7, 22-14 e 28-7.

O próximo partido o Balidea Obradoiro recibirá no pavillón Lorenzo de Latorre, ao Basquet Coruña, o sábado 19 de febreiro ás 16:30 horas.

1a DIV. CADETE: Oca Hotels Obradoiro Vedra

Derrota para o OCA Hotels Obradoiro Vedra ante o Estudiantes de Lugo Leyma Natura (55-76)

O Oca Hotels Obradoiro Vedra recibiu ao Estudiantes de Lugo Leyma Natura, que chegaba a este encontro cunha derrota de local ante o Oca Hotels Obradoiro Vedra nun partido con moita emoción.

Comezou o encontro cun intercambio de golpes entre ambos os conxuntos, pero os visitantes controlando o ritmo do partido grazas a unha mellor orde e unha defensa asfixiante a toda pista, que lles outorgaba as primeiras vantaxes e obrigaba aos locais para reordenarse e competir ao máximo para terminar o primeiro cuarto 15-16 no marcador.

No segundo cuarto ambos os equipos endureceron a defensa e o transcurso do partido foi máis parello, pero con moita intensidade, e cun Estudiantes manexando o ritmo de xogo e equiparando o marcador para irse ao descanso con mínima vantaxe para os locais (34-33).

Á volta do vestiario, os dous equipos propuxeron defensas duras cun choque de intensidade, o Obradoiro facendo un despregamento todo o campo como na primeira parte e o Estudiantes de Lugo pechando os espazos cunha defensa zonal en toda a media pista. Así transcorreu o terceiro cuarto cun parcial de 8-20 para os visitantes, o cal favoreceu para abrir vantaxe no marcador para os visitantes, cunha diferenza de 11 puntos ao final do terceiro cuarto (42-53).

Xa no último cuarto a dureza era máxima e as imprecisións fixeron un cuarto favorable para o Estudiantes, grazas á súa defensa zonal, cun marcador parcial de 13-23, sendo o resultado final de 55 a 76, para os visitantes.

Os parciais por cuartos foron: 15-16, 19 -17, 8-20 e 13-23.

2a DIV. CADETE: Ferrecal Obradoiro

Sufrida vitoria para o Ferrecal Obradoiro no inicio da segunda fase ante o Básquet Ames (54-59)

O Ferrecal Obradoiro caeu derrotado ante o Básquet Ames no encontro desta fin de semana (54-59).

O partido tivo dúas partes ben diferenciadas: o primeiro e segundo cuartos no que os locais se impuxeron claramente con parciais de 13-7 no primeiro e 15-10 no segundo, chegando ao descanso cun 28-17 no electrónico.

Tras o paso polos vestiarios, os visitantes espertaron e tentaron impoñer un ritmo alto, tanto en defensa como en ataque. A pesar diso, o partido cambia de signo cun 14-18 que deixou un 42-35 que permitía aos visitantes meterse de cheo no partido. O último cuarto a intensidade e a orde en ataque permitiu aos visitantes voltear o marcador cun 12-24 que daba como resultado o marcador final de 54-59.

Este partido debe servir para seguir traballando a concentración e motivación dos nosos xogadores, que en moitas ocasións provoca apagamentos no xogo durante o partido.

Por parte do Ferrecal Obradoiro anotaron: Tomás, Pablo (19), Javi (12), Andrés, Fran, Carlos (5), Juan (4), Álvaro, Rubén (8) e Amil (11).

Os parciais por cuartos foron: 13-7, 15-10, 14-18 e 12-24.

A próxima fin de semana o Ferrecal Obradoiro recibirá ao C.B. Noia, o sábado, a partir das 19:15 horas, no pavillón Lorenzo da Torre.

1a DIV. INFANTIL: Cenor Obradoiro

O Cenor Obradoiro volve atopar as boas sensacións, xogando o seu mellor baloncesto (22-72)

O Cenor Obradoiro chegou ao partido con só 8 xogadores dispoñibles e contou cos reforzos de Pablo Aldrey (premini) e Yago Suarez (Infantil).

O partido empezou cun Cenor Obradoiro sendo o máis dominante, convertendo unha entrada desde o primeiro salto e nunca baixou o ritmo durante o primeiro cuarto. Destacou moito a velocidade do equipo en defensa e en ataque, facendo un gran traballo presionando o balón, saltando e rotandopara forzar un ritmo alto. En ataque o equipo foi capaz de aproveitar non só a través das canastras en contraataque, senón tamén grazas a unha gran ocupación de espazos en ataque permitíndose circulación do balón entre todos os xogadores.

No segundo cuarto o Sigaltec mellorou a súa dureza en defensa, poñendo mais dificultades ao Obra. Os composteláns foron capaces de superalo facendo un gran traballo no rebote ofensivo, castigando o equipo local cargando o rebote ofensivo, onde foi capaz de converter varias canastras fáciles. Os reforzos do Obra tiveron un papel crave no cuarto, con acerto desde o perímetro, metendo 2 triplos para continuar de subir o marcador.

Tras o descanso, o Cenor Obradoiro baixou o ritmo de anotación e a fluidez en ataque. Aínda que o ritmo de anotación baixou, o equipo foi capaz de manter o seu nivel defensivo, contendo as penetracións en 1×1, apertando liñas de pase e dificultando a circulación do balón de Sigaltec.

O último cuarto foi o mais igualado en todos os aspectos. Ambos os equipos xogaron mais fluídos sen a presión do marcador, onde destacou outra vez o ritmo do partido e onde cometeron ambos os equipos moitos erros no pase, aumentando o numero de contraataques.

Os parciais por cuartos foron: 8-32, 10-20, 3-16, 1-4 (marcador pechado no segundo minuto do ultimo cuarto por diferenza a 50 puntos).

O próximo partido será a volta contra Sigaltec, o domingo 20 de febreiro, ás 12:30 horas, en Santiago.