Etiquetas de Mautic

Crónicas Canteira Fin de Semana Obradoiro CAB-SAD

1a DIV. INFANTIL: Cenor Obradoiro

O Cenor Obradoiro cae por primeira vez na Liga ante un PBB A moi superior (57-75)

O Cenor Obradoiro chegou ao partido contra el PBB A Porriño con só 9 xogadores dispoñibles.

O partido comezou co Obra sendo mellor equipo xogando moi ben en defensa non deixando o equipo visitante circular o balón, e podendo correr tras recuperación. Pero foi a falta de acerto en ataque o que prohibiu ao Obra sumar ao marcador. Tras unir erros en ataque, o Porriño foi capaz de correr e chegar preto aro e tamén da liña de tiros libres, tras cara faltas ao Obra nas situacións de rebote. Tras o primeiro cuarto o Obra xa se atopaba abaixo no marcador.

No segundo cuarto o Obra foi capaz de achegarse no marcador un pouco, mellorando a circulación do balón ante a defensa moi pechada de Porriño.

Tamén mellorando a verticalidade nas penetracións ao aro e podendo chegar á liña de tiros libres. Pero o Porriño continuo facendo dano no rebote ofensivo, onde o Obra non foi capaz de solucionar, metendo varias canastras tras canastra fallada e sacando faltas ao Cenor Obradoiro.O Obra continuou tentando en ataque, pero a falta de acerto desde a liña de T3, e a falta de presenza no rebote ofensivo causou que equipo non puido achegar máis no marcador. Ao descanso o equipo chegou ao vestiario abaixo no marcador.

No terceiro cuarto o Obra foi capaz de darlle a volta ao partido, aínda que só por un momento. Metendo os primeiros 8 puntos do 3o cuarto, o Obra foi remontando o partido, facendo que o Porriño pedira tempo morto. Pero a partir de aí o Obra tivo moitas dificultades de anotar máis puntos, con varias perdas de balón e malas decisións de pase, que permitiu ao Porriño correr e anotar canastras preto ao aro. O Obra só foi capaz de meter 3 puntos nestes últimos 5 minutos do cuarto, mentres o Porriño 14, a maioría de contraataque e tras rebote ofensivo.

O último cuarto foi claramente a favor do Porriño. O Obra non era capaz de parar as penetracións en 1×1 nin de pechar o rebote ofensivo tras canastra fallada. A subida do balón foi especialmente difícil, o Porriño saltaba moi ben ao 2×1, onde o Obra tivo dificultades de circular o balón con pases e foi o Porriño o vencedor do encontro.

Os parciais por cuartos foron: 16-23, 18-19, 11-14 e 12-19.

O próximo partido será contra Sigaltec Vilagarcía, o sábado 12, ás 16:00 en Vilagarcía.

2a DIV. INFANTIL: Bahía Software Obradoiro

O Bahía Software Obradoiro consegue a vitoria nun partido igualadísimo ante o La Salle Proyde Mixto (62-64)

O Bahía Software Obradoiro visitou o pavillón do Colexio La Salle para xogar o partido de volta. O equipo obradoirista contou con 10 xogadores, debido as baixas de Hugo Fraga e Hugo Balsa.

Nun partido moi igualado, os ataques foron mellores que as defensas. No primeiro cuarto, os obradoiristas rompían a defensa local con penetracións e encontraban tiros liberados. Os de La Salle sumaban por un gran nivel de dureza e competitividade, chegando igualados ao segundo cuarto (14-16).Neste parcial, as rotacións por parte de ambos conxuntos fixeron que baixase a anotación. O Obradoiro facía un bo traballo na pista, mentres os locais, moi incisivos de cara o aro e no rebote ofensivo, mantíñanse no marcador preto do Bahía Software Obradoiro (24-28).

Xa no terceiro cuarto, o partido volveu a ter un ritmo moi alto e ambos equipos conseguían canastras rápidas en contraataque. O Obradoiro tiña unha gran actividade na pista, e todos os xogadores sumaban para o equipo. Os locais anotaban na pintura para manterse no partido e chegar aos últimos dez minutos dun encontro, que da mesma forma que o de ida, cheo de emocións constantes (45-50).

Nestes minutos, os parciais repetíronse por parte de ambos conxuntos, intercambiando a iniciativa no marcador. O Bahía Software Obradoiro foi capaz de manter unha boa actitude nun final apertado e seguiron mellorando como equipo, á vez que os xogadores seguían dando o mellor de si mesmos. O CB La Salle fixo igualmente un gran esforzo e o marcador quedou do lado obradoirista.

Por parte do Bahía Software Obradoiro xogaron e anotaron: Tomás Chao (14), Yago Suárez (10), Jairo Olivas (-), Héctor Blanco (20), Matteo Péndola (-), Miguel Sobrino (6), Eloy Rodríguez (6), Martín Seoane (-), Mario Rama (4) e Lois Freire (4).

Os parciais por cuartos foron: 14-16, 10-12, 21-22 e 17-14.

Con este partido remátase a Liga Regular, quedando á espera dos cruces na seguinte fase.

2a DIV. INFANTIL: Camiño Inglés Obradoiro Oroso

Último partido da 1a Fase para o Camiño Inglés Obradoiro Oroso, que rematou en derrota (44-58)

O Camiño Inglés Obradoiro – Oroso enfrontouse de novo a Congalsa CBBPS.

Tras a derrota da semana pasada os locais querían demostrar que podían plantar cara ao rival. A pesar da derrota, pelexaron ata o final, demostrando o seu carácter e unión como equipo nos momentos máis difíciles.O encontro iniciouse cun nivel anotador elevado por parte dos dous equipos que acabaron o 1o cuarto 15 a 17 a favor do equipo visitante.

Durante o segundo cuarto o nivel defensivo dos visitantes subiu de intensidade, que xunto ao acerto baixo o aro, deulles unha vantaxe de 7 puntos.

Tras o descanso os nosos quixeron demostrar que poden plantar cara a calquera rival, conseguindo acabar o cuarto cun parcial 8 – 9, demostrando que con esforzo e corazón o Camiño Inglés Obradoiro – Oroso non se rende facilmente.

No último cuarto os nosos non baixaron os brazos en ningún momento e remataron o encontro coa cabeza ben alta pese ao parcial 10-14 que daba por finalizado o encontro e daba a vitoria ao Congalsa CBBPS.

Os parciais por cuartos foron: 15-17, 11-18, 8-9 e 10-14.

Por agora remata esta primeira fase do equipo Camiño Inglés Obradoiro – Oroso que se atopa á espera de coñecer cales serán os seus próximos rivais.

PREINFANTIL: Cafés Sabora Obradoiro

Dobre xornada con vitoria e derrota para o Café Sabora Obradoiro

1ª Vitoria do Cafés Sabora Obradoiro, no seu regreso á competición case dous meses despois, ante o Estudiantes de Pontevedra (59 – 9)

O Obradoiro e o Estudiantes de Pontevedra enfrontáronse nunha nova xornada da primeira fase da Liga Galega desta categoría, o que significou á volta a competición do Obra dous meses despois. Para este partido o equipo tiña tres baixas, e contou coa axuda dos xogadores de categoría mini Noé Godón e Mateo Riveiro.

O partido estivo marcado dende o inicio polo ritmo obradoirista, que anotaba con facilidade, roubando balóns e facéndose donos do rebote. A superioridade física dos obradoiristas era maior e isto fixo que se pechase o marcador no segundo período.

Os parciais por cuartos foron: 27 – 7, 32 – 2.2) Primeira derrota da tempada do Cafés Sabora Obradoiro ante o Básquet Coruña U13 (51 – 40)

O Cafés Sabora Obradoiro disputou o domingo o segundo partido da fin de semana, esta vez na pista do Básquet Coruña U13. O Obra chegou con dúas baixas por mor da COVID-19 e contou coa axuda do xogador infantil Mario Rama.

As pernas do Cafés Sabora Obradoiro chegaban cargadas a este encontro e o escenario non parecía o máis propicio, pero os obradoiristas demostraron que poden dalo todo a pesar das adversidades.

O partido comezou moi igualado, cos dous equipos algo desacertados, coas defensas impoñéndose sobre os ataques, unhas defensas moi agresivas que provocaron moitas faltas pero tamén perdas do rival. Ao Cafés Sabora costáballe atopar o camiño ao aro e o desacerto nos tiros libre dificultaba a obtención de puntos, pero era compensado cunha boa defensa.

No segundo período o tanteo foi aínda menor, con moi poucos puntos. O partido adoptou un ritmo moi tolo, cos dous equipos deixándoo todo na pista,

pero con máis corazón que cabeza, o que se veu reflectido co dato de que tan só houbo catro canastras de campo entre os dous equipos neste período. Pero, dentro desta tolemia, o Obra saíu beneficiado recortando distancia no marcador. Ao descanso o resultado era de 20 – 19.

O inicio do terceiro período foi demoledor para o Obra. Tiveron moitas dificultades á hora de saír da presión, moitas perdas forzadas pola agresiva defensa coruñesa que fixo que estes escaparan no marcador conseguindo unha boa vantaxe.

Agora si estiveron moi acertados os locais, aproveitando moitas canastras doadas, ante un Café Sabora Obradoiro que tardou demasiado en reaccionar.

Aínda así, no derradeiro período, os obradoiristas saíron moi metidos, con moita ilusión en facer ben as cousas e conseguir remontar. A base de volver a unha defensa agresiva e ataques rápidos pero precisos, conseguiron achegarse bastante no marcador, aínda que ao final faltaron dous ou tres minutos máis para poder conseguir a remontada, pero dende logo as sensacións coas que marchou o equipo foron boas e o camiño para seguir mellorando está marcado.

O resultado final foi de 51 – 40.Os parciais foron: 15 – 11, 5 – 8, 25 – 4, 6 – 17.

O próximo partido do Cafés Sabora Obradoiro será precisamente a volta contra Básquet Coruña o sábado 12.