Etiquetas de Mautic

A SD Compostela Atletismo, campión galego do Cross Máster

  • Houbo multitude de probas para os nosos, co prato forte da cita na Pobra, con éxito de participación tamén entre os menores
  • Destacou Nuno Costa, vendedor absoluto e M35, Amador Pena terceiro absoluto e vencedor M40 e Julia Vaquero, cuarta absoluta e vencedora M50

Os atletas da SD Compostela Atletismo tiveron, esta pasada fin de semana, unha chea de citas deportivas nas que deixaron pegada das cores branquiazuis. Entre todos os éxitos destacou o triunfo no Campionato Galego de Cross Máster disputado o domingo na Pobra do Caramiñal.

O prato forte celebrouse no pinar de Cabío disputouse pola mañá o Campionato Galego de Cross de Categorías Menores e pola tarde o Campionato Máster. Día soleado e con parte do percorrido polo areal.

Dende as 10.00, participaron en categoría sub10: Daniela Gil, Belen Miramontes, Iria Giao e Antón Monteagudo. En sub12: Celia Míguez, Ariana Iglesias, Marcos Barcala e Álvaro Muñiz. En Sub14: Paula Fernández, que foi terceira; Lucía Taboada 57a, África Gil 83a, Lola Villar 106a, Maria Miramontes 118a, Catalina Ares 119a. Diego Muñiz 79o e Martin Giao 87o. En Sub16:
Aron Lorenzo 25o. E en Sub18: Carmela Antelo, décimo sétima; Julia Salvado 21a , Yago Iglesias noveno, Xoel Blanco 38o e Marco Mota 39o.

E xa pola tarde, no Campionato de Galicia Máster, individual e por equipos, os nosos repetiron éxito, tralos 31 metais acadados na proba de pista cuberta.

En equipos W35 a W44, o club acadou a terceira posición do podio a un só punto do subcampionato por equipos con: Maria Tarrío, que foi vixésimo primeira absoluta e sétima w40; Sonia Rodríguez, trixésimo primeira e sétima w45; e coa axuda da nosa filial, María del Mar López, vixésimo sétima e novena w40.

En Categoría W45 a W59, os nosos lograron o subcampionato de Galicia con Julia Vaquero, que foi cuarta absoluta (por detrás de tres rapazas w35) e gañadora de w50; Rocío Díaz, do filial Ribadeo, décimo novena e quinta w50; e Malena Amigo, cuadraxésimo novena e décimo cuarta w50.

No apartado masculino, en M35 a M44, nunha carreira espectacular e cun final de infarto, a SD Compostela Atletismo acadou o título por diante do Adas e San Miguel de Marín. Ademais, no apartado individual, houbo destacadas actuacións: Nuno Costa, que foi vencedor da proba; Amador Pena, que foi terceiro absoluto e campión M40; Antón Ruanova, oitavo absoluto e cuarto m35; Manu Castiñeiras, 26o e 13o m40; Martin Abelenda, 29o e 16o m40; Juan Alvarellos, 50o e 27o m40; e Javier Miramontes, 58o e 31o m40.

Seguidamente, para os M45 a M60, foron sextos por equipos con Emilio García, 12o e 10o m45; Javier Garcia (filial do Ribadeo), que foi 24o e 16o m45; e Jesús Cabo, 72o e 30o m45.

Por último, os máis veteranos, de M60 en diante, competiron Juan Botana, que foi 65o e 4o m65 e Francisco Pena que foi 73o e 4o m70.

Representación por toda a provincia. En primeiro lugar, a terceira edición do Cros de Antioquía, que se celebrou no trazado do hipódromo Antela, en Sandiás, con 7,2 quilómetros de percorrido, contou coa participación de Javier de Dios e Alejandro Montero. Ambos atletas firmaron unha excelente carreira, na que o primeiro deles atravesou a liña de meta na terceira posición, cun tempo de 25:39; namentres o segundo fixo o propio só uns segundos despois, en 25:58, logrando o quinto posto absoluto e primeiro da súa categoría.

O club de Santiago tamén estivo representado na xa tradicional «10k de Padrón», onde os meritorios resultados dos nosos atletas situaron á SD Compostela Atletismo como 3o mellor equipo da proba.

Os resultados foron os seguintes: Nuno Costa, terceiro Xeral e segundo Máster A, con 31:50; Cristian Muíño, quinto Xeral e terceiro Senior, con 33:00; Juan Carlos Raviña, 59o Xeral e noveno Máster B, con 37:44; Pedro Pazos, 89o Xeral e décimo sexto Máster B, con 40:08; Francar García, 101o Xeral e 29o Máster B, con 41:10; Martina López, 118o Xeral e terceira Máster A, con 42:23; Shaila Muñiz, 130o Xeral e cuarta Máster A, con 43:35; e Tania Alcalde, 198o Xeral e duodécima Máster A, con 49:37.

Ademais, tamén houbo unha destacable presenza de escolares que participaron defendendo as cores do Compos na carreira organizada polo Concello de Padrón, en colaboración coa Federación Galega: África Gil (Sub-14), Lola Villar (Sub 14), Clara López (Sub 12), Pedro Méndez (Sub 12), Daniela Gil (Sub 12) e Clayton García (Prebenxamín).

A xornada do sábado rematou por todo o alto coa vitoria absoluta da atleta da Costa da Morte Paula Esteiro no Carballo Trail Race, na distancia de Trail Curto (12 quilómetros e 500 metros de desnivel).

Mentres tanto, a matinal do domingo foi a quenda das atletas desprazadas ata Vedra con motivo da participación no Trail e Maratón A Camelia, organizado polo Club Vértice. Os atletas da SD Compostela Atletismo gozaron da aventura ao carón do Ulla con tramos de subida ao Pico Sacro e baixadas polos campos e montes locais en dúas modalidades: Trail de 14 quilómetros e +370m de desnivel e Maratón de 42 km. e 1900 m. de desnivel positivo, cuns excelentes resultados.

En Trail: Elena Veres foi 42a Xeral e 2a Absoluta-Fem, con 1:10:40; Nuria Mejuto, 59a Xeral e sexta Absoluta-Fem, con 1:17:40; e Silvia Fernández, 104o Xeral e décima sexta Absoluta-Fem., con 1:32:27.

Pola súa banda, en Maratón, competiu Fran M. Méndez, 34o Xeral e duodécimo Veterano Masculino, con 2:51:46.
Pechou a xornada do domingo Jordi Carrasco, que defendeu as cores branquiazuis en San Sebastián, na 10K Gimnástica Ulia. O atleta amosou unha gran imaxe firmando un tempo de 32:49 e chegando na posición 32 da clasificación xeral.