O 2022 segue activo para o Compos, quen comezou con varios podios

A SD Compostela Atletismo comezou o 2022 con menor actividade para os nosos, pero houbo representación branquiazul en varios puntos da comunidade dende o inicio.

Arrincou o ano no clásico Torneo de Reis en Pontevedra, nunha xornada pasada por auga na que tivemos unha boa representación.

Alí, Amanda Castro, debutou en lonxitude e 50 metros con fantástico resultado. Tamén se estreou Julia Salvado no tartán, nos 1500 metros, con 5’48»; e nos 200, con 33.09. A maiores, Amador Pena faría os 800 cun rexistro de 2’03»; Pedro Pazos, 2’30» nos 800, e 29.65, nos 200; mentres que Lucía Castro e Africa Gil, estreando categoría sub14, participaron nos 1000 metros, con 4’01» e 4’18», e nos 80 metros, con 14.34 e 13.70. Por último, Iara Torres participou nos 60 metros e tan rápida foi que levou un roscón para casa pola súa actuación.

Pola súa banda, esta fin de semana, en Castro de Rei tivemos participando de Manuel Castiñeiras, que se meteu nos dez primeiros postos de cabeza, cun magnífico 9º lugar; Borja Cardesín, que foi 12º; e Clara López, subindo ao poido en categorías inferiores.

Na pista de Ourense houbo moitos inscritos dos nosos, pero a alta demanda fixo que non puideran participar. Polo tanto, so participou Amador Pena nos 800 metros, nunha trepidante carreira na que acadou o segundo posto, parando o crono moi pretiño da súa mellor marca, 2.00.95.

Por último, tamén se disputou o Campionato de Galicia de Campo a Través individual en Ribadavia, onde participaron Julia Salvado, terceira en Sub 18; e Alejandro Montero, nova fichaxe do club para o 2022, que foi 45º.

Agora chegará unha nova fin de semana con máis campionatos: o Máster de pista cuberta, con presenza en máis de 50 probas; o Campionato de Marcha en Ruta; o Cross Ponte Romana, no que debutará coa SD Compostela a gran atleta Julia Vaquero; e a carreira popular de Pontecesures.