Etiquetas de Mautic

Fin de semana moi repartida para a SD Compostela Atletismo

A SD Compostela Atletismo tivo una nova fin de semana de competición, con probas repartidas por toda a comunidade e fóra dela, e con moi bos resultados para os atletas branquiazuis.

En terras herculinas, o domingo arrincou o Circuíto Coruña Corre coa primeira competición en Matogrande. Alí, tanto en adultos como en menores, destacaron os nosos corredores: Ainoa Gontán gañou en sub18/16 Feminino, Gonzalo Cao foi segundo en sub18/16 Masculino e en Categoría Absoluta tivemos como segunda clasificada a Barca Toba. Ademais, Paula Esteiro foi 13a Absoluta e 5a Master 2 e Francar García, 97o.

Repetindo experiencia na pista de Expourense, onde a fin de semana pasada se acadaron máis dunha trintena de metais no Galego Master, competiron Santi da Pena, que fixo 26.0 nos 200 metros; Alberto Carrillo e Jesús Baña, debutando coas nosas cores nos 60 e 200 con moi bos rexistros; e Teresa Freire, tamén nos 200 e 60 metros no seu debut en pista e no equipo.

En terras madrileñas, Lara Santos, a nosa corredora na capital de España competiu en Torrejón de la Calzada, saboreando o podio en 10k. A atleta branquiazuis foi 1a Sénior con 44 minutos.

Máis preto, na San Xiao de Ferrol, participaron Elena Veres, terceira sénior; Nuria Mejuto, cuarta sénior; Manu Castiñeiras e Pedro Pazos.

Por último, noutro tipo de carreira moi diferente ao habitual, unha proba de obstáculos, Lennon Almeida estivo loitando polo podio ata o final en Asturias.