Etiquetas de Mautic

Cúmulo de éxitos da SD Compostela nunha excelente fin de semana

Debut con vitoria de Julia Vaquero no Cross Ponte Romana, triunfo de Nuno Costa e Amador Pena en Pontecesures e un feixe de metais no Galego Máster de Pista Cuberta.

A fin de semana para a SD Compostela deixounos un morea de grandes resultados para os atletas branquiazuis. Os nosos estiveron en tres probas, acadando vitorias en todas elas. Houbo infinidade de metais, en todas as categorías e probas, no Campionato Galego Máster de Pista Cuberta, así como os triunfos de Julia Vaquero no Cross de Lugo e de Nuno Costa e Amador na popular de Pontecesures.

Comezamos o resumo da gloriosa fin de semana co debut de Julia Vaquero nas filas do Compos, no seu regreso á disciplina que tantos éxitos lle outorgou, con nada menos que sete títulos de campioa de España absoluta de xeito consecutivo na década dos 90.. Como no podía ser doutro xeito, fíxoo gañando a proba Máster.

Ademais, a multicampioa tamén se ofreceu para formar equipo de relevos con algún dos nosos atletas máis novos o sábado, loitando durante toda a proba por postos de podios para finalmente ser cuartos. Competiron a propia Julia Vaquero con Yago Iglesias, Julia Salvado e Iván Abeledo.

Pola súa banda, en individual, a maiores do triunfo de Julia, Yago Iglesias foi sétimo en Sub18M, Julia Salvado oitava en Sub18F e Sindo González undécimo popular absoluto. Do mesmo xeito, competiron Marcos Barcala nos Sub12M e Ariana Iglesias nos Sub12F.

Na xornada do sábado, o prato forte da xornada estivo no Campionato de Galicia Máster de pista cuberta en Ourense. Alí estiveron un gran número de atletas do Compos, máis de 25 participantes, contando tamén cos nosos filiais, tomaron parte nesta xornada na que houbo numerosos metais para a SD Compostela.

Fondo e medio fondo. En 3000 metros: Manuel Castiñeiras, prata M40 con 10’06» e Juan Carlos Raviña foi cuarto M45 con 10’27». En 1500: Amador Pena, Ouro en M40 con 4’14»; Gumersindo, sexto en M40 con 4’39»; e Antonio Vázquez, Prata en M50 con 4’57». En 800: Amador Pena, Ouro M40 con 2’10»; María Tarrío, Ouro M40 con 2.54″; e Juan Botana, Prata M65 con 3’00».

Velocidade. En 400: Damián Espasandín, Ouro en M35 con 55.2; Santiago da Pena, Prata en M35 con 57.21; María Tarrío, Prata en W40 con 1.16; Emilio García, Prata en M45 con 59.0; Jesus Cabo oitavo en M45 con 1.15; e Juan Botana, Prata en M65 con 1.21. Nos 200 metros: Santiago da Pena, Ouro M35 con 25.7; Juan Alvarellos, Bronce M40 con 26.8; Emilio García, Prata M45 con 27.2; Sonia Rodríguez, décima con 36.0; Jesus Cabo, undécimo M45 con 33.0; Juan Amigo, quinto M50 con 27.5; e Malena Amigo, sétima con 38.9. E nos 60: Juan Alvarellos, Prata M40 con 8.26; Vidal Diaz, sexto M50 con 9.18; Juan amigo, cuarto M50 con 8.46; Sonia Rodríguez, sexta W45 con 10.52; e Malena Amigo, cuarta W50 con 10.82.

Altura. Pedro Pazos, Bronce M50 con 1.33.

Relevos. Cuarto o equipo formado por Malena Amigo, María Tarrío, Sonia Rodríguez e María López (filial Deza); Prata o equipo M35 mixto (Santiago da Pena, María Tarrío, Damián Espasandín e María López); prata o equipo Mixto M40 (Amador Pena, Malena Amigo, JuanAlvarellos e María López (Filial Deza); Bronce o relevo Masculino M40 (Juan Alvarellos, Emilio González, Jose Manuel Fernández (Filial Ribadeo) e Emilio García); cuarto o equipo masculino M45 (Jordi Carrasco, Pedro Pazos, Eduardo García (filial Trega) e Jesús Cabo) e medalla de Ouro o equipo masculino M50 (Vidal Díaz, Antonio Vázquez, Juan Amigo e Emilio Fernández).

Por último, o domingo, a SD Compostela pechou esta fenomenal fin de semana competindo na proba popular de Pontecesures, onde foron os gañadores absolutos por equipos e en individual nas distancias 4k e 8k. A cita tiña un carácter solidario, xa que se trataba de recadar fondos para os habitantes da Illa da Palma.

Nas categorías inferiores tivemos desfrutando da competición a Alex Pena, Daniela Gil, Alexis Gil, Lola Villar, Eric Iglesias, Clara López, África Gil e Pedro Méndez.

Xa nos maiores, nos 4k, Amador Pena resultaría gañador absoluto pechando unha fin de semana redonda; Iván Abeledo, 5o absoluto e 2o Senior; Emilio García, 7o absoluto e 2o Máster B; Brais Pérez, 9o absoluto e 4o Senior; Alba Muñiz, 2a absoluta (a un só segundo da vitoria) e gañadora Senior; María Tarrío, 4o feminina e 1a Máster A; e Malena Amigo, 20a feminina e 8a Máster B.

Pola súa banda, nos 8k, Nuno Costa foi o gañador Absoluto; con Cristian Muiño terceiro absoluto e primeiro Senior; Jordi Carrasco, quinto absoluto e primeiro Máster B; Alejandro Montero, décimo absoluto e cuarto Senior; Manuel Castiñeiras, posto 35; Lennon Almeida, 40; Pedro Pazos, 68; Martina López, 3a Absoluta e 2a Máster A; Shaila Muñiz, 5a Absoluta e 4a Máster A; Nuria Mejuto, 12a Absoluta e 3a Senior; Tania Alcalde, 19a Absoluta; Juan Botana, 47o Máster B e Sonia Rodríguez, 7a Máster B.