Derrotas en Segunda e Terceira Nacional, pero vitorias en Primeira e Segunda Galega

Arteal TM en O Noso Deporte

Sen dúbida, esta non foi unha boa fin de semana para os intereses da SD Compostela Tenis de Mesa, con dúas derrotas nas divisións nacionais. Porén, nas competicións galegas, acadáronse dous novos triunfos.

En primeiro lugar, o equipo de Segunda Nacional sufriu unha dura derrota contra o combinado de Narón por un rotundo 1-5, nas instalacións do Estadio Vero Boquete. Ricardo Carracedo desperdiciou dúas bolas de partido ante José Piñeiro e, a partir de aí, o estado anímico dos composteláns decaeu moito, polo que os puntos foron caendo sucesivamente do lado visitante.

Xurxo Rodríguez caía ante Adrián Vidal e Marcelino Bahamonde facía o propio ante Brais Rodriguez. Piñeiro gañaba novamente ante Xurxo e Carracedo facía o punto da honra ante Brais.

Para poñer o remate final, Adrián Vidal, de Narón, impoñíase a Xurxo R., e deixaba o marcador final en 1-5.

Por outra banda, a SD Compostela-Deportes Cibeira, de Terceira Nacional, caía no Val do Dubra por 4-2, presentando un equipo cheo de canteiráns. Jorge Vázquez, Pedro Lois e Raúl García incluso puideron dar a sorpresa se o sorteo dos emparellamentos saíse doutra maneira. En calquera caso, o equipo atópase nunha situación cómoda e polo de agora non periga a permanencia.

Mellor sorte correron os equipos de Primeira División e Segunda Galega, con sendas vitorias en Cambados, por un axuntado 3-4, e Santiago, por 5-2, respectivamente. Despois desta cita, o equipo de Primeira mantense líder, sen coñecer a derrota despois de seis xornadas disputadas.