Vitorias dos filiais e empate histórico do Xuvenil A

A fin de semana de fútbol-11, na que regresaron todos os equipos do club, deixounos, como notas destacadas, os triunfos de ambos filiais, que se manteñen no segundo posto, o Sigüeiro, e no liderado, o Zona Vella, así como o empate histórico dos xuvenís en Abegondo.

Xuvenil A

En primeiro lugar, por sexta xornada consecutiva, o Xuvenil A conseguiu sumar alomenos un punto, unha xeira de resultados que colle máis valor tendo en conta a entidade dos rivais aos que se enfrontou nas últimas semanas. Nesta ocasión, os canteiráns branquiazuis conseguiron empatar, 0-0, contra o Deportivo, en Abegondo, onde os actuais campións da División de Honra Xuvenil aínda non perderan ningún partido.

Realizando unha actuación sensacional, os nosos non só aguantaron os intentos dos locais, senón que ademais desfrutaron de ocasións claras, como un disparo de Roi Rama sacado baixo paus por un defensor, para sumar algo máis.

Na procura de regresar á senda triunfal, e asentados en metade de táboa, a SD Compostela quere despedir este sábado o 2021 cun triunfo chave para afastar os postos de perigo.

Sigüeiro FC

Esa mesma xeira de resultados, con seis partidos consecutivos sen perder, é a que leva o Sigüeiro FC para afianzarse na segunda praza da Preferente Norte. O filial, que leva cinco vitorias neses partidos, conseguiu superar nesta ocasión, 0-1, ao Pino, nun derbi moi pechado que se decidiu co gol de Adrián Barrio.

A fiabilidade defensiva do equipo adestrado por Cardeñosa, así como o seu bo xogo estano levando aos postos nobres da táboa, so por detrás do Arteixo. Ademais da boa actuación coral, esta fin de semana, Santi de Prado debutaba co primeiro equipo en partido oficial.

SD Compostela B

O Zona Vella volveu sumar de tres, no seu caso por terceira semana seguida, para manter a súa posición no alto da táboa do subgrupo de Segunda Galicia, con dous puntos de vantaxe sobre o Villestro. Desta vez superaron por 2-1 ao Dubra B cun dobrete de José del Río, cun gol na primeira metade e outro na segunda.

Cadete A

Pola contra, as malas novas chegaron para o Cadete A de División de Honra que caeu por 1-2 ante o Pontevedra. Lois Lortes anotou o tanto dos branquiazuis.