Unha gran fin de semana para pechar o ano

A última xornada do ano para a base da SD Compostela deixounos grandes resultados para os equipos branquiazuis. Tres vitorias e un empate que lle permiten aos nosos posicionarse nas súas respectivas clasificacións.

Xuvenil A

O cadro adestrado por Rati prolongou a súa xeira de partidos sen perder, acadando desta vez os tres puntos, para redondear un final de ano espectacular. Os nosos distanciáronse do descenso tras superar ao Covadonga por 2-0 en Santa Isabel.

Nun encontro de clara cor branquiazul, o Compos decantou a contenda nun intervalo de tres minutos, na segunda metade, cos goles de Paulo, á saída dun córner, e de Leo, aproveitando unha fermosa xogada entre el e Anxo, na que só tivo que empurrar o pase da morte do lateral.

Sigüeiro FC

O Filial tamén segue coa súa boa dinámica e conseguiu un meritorio empate contra o cuarto clasificado, o Dubra, no arrinque da segunda volta. Os nosos, adestrados por Cardeñosa, conseguiron igualar un 2-0 en contra nos últimos minutos. Os goles de Diego Fuentes e Yosi, xa no desconto, permítenlle aos nosos seguir no segundo posto e mesmo achegarse ao líder.

SD Compostela B

O Zona Vella mantén o liderado do seu subgrupo, con dous puntos de vantaxe sobre o Villestro, tras superar ao San Lorenzo por 2-0. Un doblete de Guille fixo posible unha nova vitoria do equipo branquiazul, que abre renda respecto á zona de promoción.

Cadete A

Tras varias derrotas consecutivas, o Cadete A da SD Compostela volveu a sumar de tres na División de Honra, na estrea da segunda volta, abandonando así o último posto do subgrupo. Os nosos superaron por 1-0 ao AJ Lérez, grazas ao tanto, na primeira metade, de Dani Noya.

O resto da xornada en Fútbol-11 deixounos estes resultados e así marchan as súas respectivas clasificacións: