Nova fin de semana de competicións con dous triunfos

A fin de semana de atletismo para a SD Compostela deixounos dous triunfos para os nosos e unha chea de sensacións positivas para os atletas branquiazuis en diversas competicións.

O primeiro triunfador dos nosos foi Nuno Costa, quen resultaba gañador na San Silvestre de Santa María da Feira, en Portugal.

Pola súa banda, o outro gañador da SD Compostela chegou na popular proba Mar de Boiro, onde Yago Iglesias conseguiría o triunfo na categoría Sub16.

Outro gañador moral da fin de semana sería Jordi Carrasco, quen acudiu á Maratón de Valencia, acadando unha estupenda marca de 2h33’, que o colocou entre os primeiros participantes da proba internacional.

A maiores, na proba disputada en Boiro tamén participaron, entre os cativos, Lucía Taboada, Marcos Barcala e Ariana Iglesias; mentres que nos adultos a representación completouse con Pedro Pazos, Walter Piñeiro, Juan Luis Botana, Manuel Castiñeiras e Juan Botana.