Moita competición e un gañador en Oia

Nuno Costa gañou o Memorial Alejandro Gómez, nunha fin de semana na que unha selección sub12 participou no Campionato de Galicia por Equipo de Pista Cuberta

A SD Compostela Atletismo, nesta última fin de semana, non foi quen de agardar ao sábado para comezar a competir. Os nosos, nunhas xornadas cargadas de competicións, estreáronse xa o venres pola noite, disputando a Carreira Solidaria Nocturna de Sada. Participaron en terras coruñesas, Xoan Fernández, que foi segundo en sub18; e Sindo González, duodécimo na xeral absoluta.

Xa na xornada do sábado, os máis cativos dividíronse entre o pequetrail de Lousame, con presenza de Africa e Daniela Gil; e a SinSon, na que participaron Ramón Monteagudo, en prebenxamíns; Antón Monteagudo e Pedro Méndez, en Sub10; Clara López, Xoel Rodríguez, Lucía Taboada, Marcos Barcala e Ariana Iglesias, en Sub12; e Yago Iglesias, que resultou gañador da proba nun apaixonante final, en Sub16.

Pola súa banda, o domingo, dous dos nosos estiveron no 1o Memorial Alejandro Gómez, unha proba disputada en San Miguel de Oia, na que resultou vencedor absoluto o atleta compostelanista Nuno Costa, quen rexistrou un crono de 39’08”. Ademais, Emilio García foi 17o na xeral e segundo na categoría Máster C.

Mentres tanto, tamén a beira do mar, en Porto do Son, unha recua dos adultos da SD Compostela competiron nos 10 quilómetros de percorrido da Sin Son. Estiveron: Ainoa Gontán, primeira sub18 e 4a absoluta con 38’40”; Elena Veres, con 43’24” sería 4o Sénior; Lara Salgado, 44’57” acadando ser 7a Sénior; Nuria Mejuto, 46’26” 12a Sénior; Jordi Carrasco, con 33’21” sería 2o Veterano B; Brais Pérez, 33’53”; Martín Abelenda, 36’00”; Manuel Castiñeiras, 36’41”; Iván Abeledo, 37’16”; Gerardo Cachafeiro, 37’40”; Lennon Almeida, 38’27”; Hugo Taibo, 38’58”; Gonzalo Cao, 3o sub18 con 39’00”;
Antonio Vázquez, con 40’36”; Segundo Domínguez, con 42’16”; Jorge Castro, 43’29”; Juan Luis Botana, 47’26”; Juan Botana, 47’35”; Jesús Cabo, 51’17”; Sonia Rodríguez, 51’37”; Álvaro Rodríguez, 53’33”; e Laureano Varela, 54’04”.

O prato forte da fin de semana tamén sería o domingo, neste caso o Campionato de Galicia por Equipos de Pista Cuberta en Ourense, onde o club conseguiu clasificar a un conxunto, por vez primeira: o Sub12 feminino. Participaron e pasárono pipa: Martina Rodríguez, no peso; Iara Torres, nos 60; Clara Leis, na lonxitude; Irene Leis, nos 500; Clara López, nos 1000; Africa Gil, na altura; e Lucía Taboada, Martina, Ariana e Africa, nos relevos 4×60.