A SD Compostela Atletismo compite na previa ás San Silvestres

Fin de semana pasada por auga para a SD Compostela Atletismo, o cal non evitou que os nosos vestiran de novo a elástica por toda a comunidade. Houbo menos probas celebradas, xa moitos pensando nas San Silvestres, pero os nosos estiveron presentes en varias delas.

Ao igual que o ano pasado, moitos branquiazuis participaron no Trail de Lousame, repetindo experiencia e con dous debuts.

Elena, que levou a Castiñeiras de parapeto, acadou a 4a praza no seu debut no monte, moi pretiño do podio. Tamén debutou Nuria.

Ademais, Nano regresou ao monte tras un período de recuperación e desfrutou como nunca; e tamén foi Sandá, pero recuperando unha escordadura nun nocello.

Todos estes corredores fixeron o trail curto. No longo tivemos a Fran Méndez, que tamén o tomou con calma, recuperándose dunhas molestias que arrastraba dende fai varias semanas.

Tamén tivemos algo de pista, con África competindo en Noia, nos 500 cunha gran carreira, altura e 60.

Iván Rodríguez, un asiduo da mountain bike, estreaba a nosa camisola na Run Foz Run, cun rexistro de 20’32, no posto 36.

E Juanito competiu na Ares-Mugardos, 10k con 42’41» no posto 67.

Sumamos e sumamos participacións neste fantástico 2021, que se pechará co broche de ouro en distintas San Silvestres.