Crónicas fin de semana: Obradoiro-CAB

1ª DIV. JUNIOR: Obradoiro Peleteiro

O Obradoiro Peleteiro domina o encontro na súa visita a Vilagarcía (41-92)

O Obradoiro Peleteiro desprazouse a Fontecarmoa para medirse ao Sigaltec nunha nova xornada da 1ª División Junior, nun encontro no que os obradoiristas pasaron por problemas no seu xogo en estático, pero que, grazas a un gran esforzo defensivo, foron capaces de dominar o encontro e lograr unha folgada vitoria.

Desde o inicio os visitantes mostráronse moi despistados no seu xogo colectivo, suplindo os seus erros a través do rebote ofensivo e do xogo en transición.

Aos poucos os de Santiago foro atopando unha mellor versión e xa no segundo cuarto lograban estirar a súa vantaxe, facendo valer a súa capacidade reboteadora e chegando ao descanso cun 13-46 no electrónico.

Na segunda parte o Sigaltec mellorou as súas porcentaxes de tiro e foi capaz de sumar puntos con maior regularidade. Con todo, os obradoiristas lograban puír os erros cometidos durante a primeira parte, dando un novo paso e rompendo o partido no terceiro cuarto.

Nos últimos dez minutos, xa co encontro decidido, ambos os equipos baixaron a intensidade e cometéronse máis perdas de balón. Finalmente, o Obradoiro Peleteiro aproveitou o traballo realizado durante os tres primeiros cuartos para sumar unha nova vitoria por un 41-92 final.

Por parte do Obradoiro Peleteiro anotaron: Rigueiro (7), Casais (18), Vilar (4), Prieto (12), Gil (18), Fernández (13), Sama (4), Dihame (12), Colom (4), Romero (-).

Os parciais por cuartos foron: 8-21, 5-25, 15-26 e 13-20.

A próxima fin de semana o Obradoiro Peleteiro recibirá no pavillón de Montouto no encontro de volta.

2ª DIV. JUNIOR: Grupo Caeiro Obradoiro Vedra

O Grupo Caeiro Obradoiro Vedra recupera o seu mellor nivel na súa visita a Palmeira (41-102)

O Grupo Caeiro Obradoiro visitou o pavillón Torres Colomer de Palmeira para medirse a un CB Barbanza que chegaba nun gran momento de forma ao vencer ao ADM Estradense nas dúas últimas xornadas.

Pese ao bo momento dos locais, desde o salto inicial viuse a diferenza entre ambos os equipos.

O CB Barbanza, formado por xogadores de primeiro ano e cadetes, non puideron igualar o ritmo de partido presentado polos obradoiristas durante todo o encontro, ampliándose aos poucos as distancias no marcador ata o 41-102 final.

Os parciais por cuartos foron 4-28, 16–25, 14–26 e 7–23.

De novo a competición presenta un parón de 15 días de descanso que aproveitará o Grupo Caeiro Obradoiro Vedra para recuperar aos lesionados.

1ª DIV. CADETE: OCA HOTELS OBRADOIRO VEDRA VS BALIDEA OBRADOIRO

Derrota do Cadete OCA Hotels Obradoiro Vedra fronte ao Balidea Obradoiro (51- 88)

Esta fin de semana o noso club viviu un feito histórico xa que dous equipos da categoría cadete da canteira se enfrontaron na 1ª División desta categoría, O Oca Hotels Obradoiro Vedra contra o Balidea Obradoiro, nun encontro que foi especial para ambos equipos.

Comezou o partido cun intercambio de golpes entre ambos os conxuntos, pero os visitantes controlaban o ritmo do partido grazas a unha mellor orde e dureza en defensa que lles outorgaba as primeiras vantaxes para rematar o primeiro cuarto 13-18 no marcador.

No segundo cuarto ambos os equipos seguiron duros na defensa pero o OCA Hotels Obradoiro Vedra puido acortar as distancias no marcador e gañar o segundo cuarto (13-11) cun bo desempeño colectivo dos visitantes e moita enerxía dos locais, pero sen poder concretar canastras fáciles. Así remataba o primeiro tempo do partido cunha mínima vantaxe de 3 puntos para o Balidea Obradoiro (26-29).

Á volta do vestiario, os dous equipos continuaban coa aposta de ritmo alto de xogo e defensas presionando a toda pista, onde os do Balidea Obradoiro eran capaces de forzar erros do Oca Hotels Obradoiro Vedra e melloraban a efectividade para a canastra dos visitantes. Así abrían vantaxe no marcador, con 21 puntos de diferenza ao final do terceiro cuarto (37-58).

Xa no último cuarto as imprecisións fixeron poder alongar o marcador a 37 puntos de diferenza para o Balidea Obradoiro, onde este tivo unha gran porcentaxe de acertos de tres puntos que deixou sen reacción ao equipo local, chegando ao marcador final de 51-88 para Balidea Obradoiro.

Os parciais por cuartos foron: 13-18, 13-11,11-29 e 14-30.

O próximo encontro de ambos os equipos será o partido de volta, o sábado 11 de decembro, no Pavillón Lorenzo de la Torre.