Visita ao Campus de Rafa Mella e Guille Torres

Os xogadores do primeiro equipo Guille Torres e Rafa Mella visitaron esta mañá aos nenos do Campus SD Compostela do Arteal Sociedade Deportiva Compostela Tenis de Mesa. Na terceira xornada da actividade, levada a cabo nas instalacións do Arteal no Estadio Verónica Boquete de San Lázaro, os cativos desfrutaron da presenza dos dous futbolistas.

Os xogadores branquiazuis compartiron experiencias cos nenos e nenas e mesmo colleron a pala para practicar con eles en diferentes xogos lúdicos. Ademais, para rematar, Guille e Rafa xogaron unha partida de dobres mesturados cos monitores Humberto Manhani (xogador profesional do Arteal) e Gerusa Manhani (exxogadora do club).