Segue en marcha o prazo de inscrición da Escola Deportiva do Arteal SD Compostela

A Sociedad Deportiva Compostela conxuntamente co Arteal de Tenis de Mesa mantén aberto o prazo de inscrición para a súa Escola Deportiva da Tempada 2021/22. Este trámite pode realizarse a través do seguinte enlace

Ademais, pódese recibir mais información no teléfono 636 47 81 45 (Pablo Lois) e no email pablo@arteal.es.

A Escola, con prazas limitadas, está destinada a nenas e nenos de 7 ata os 12 anos, cuns prezos que varían en función dos días de clase (entre 20 e 30€ ao mes) e pagos trimestrais.

Os horarios (de luns a venres) serán en función dos grupos e nivel, comezando ás 17.00 horas e rematando o último grupo ás 20.00, con dous días por semana para cada xogador.

O grupo de Iniciación será martes e xoves das 17.00 ás 18.15.

Os participantes gañarán con esta actividade coordinación, equilibrio, concentración, reflexos, amizades e aprenderán o deporte con mais licencias federativas do mundo. A maiores, o Tenis de Mesa é considerado un deporte seguro por carecer de contacto e manter a distancia de seguridade. Por iso, segundo o protocolo da Xunta e a Secretaría Xeral para O Deporte, durante a práctica non será preciso o uso da máscara. Con todo, unha vez fóra da mesa, SI que será de uso obrigado.

Por outra banda, froito do acordo entre ambas entidades, os fillos ou fillas de abonados da SD Compostela terán dereito a probar unha semana de balde.

Mateos Lois, Campión en Cangas

Ademais, esta pasada fin de semana, o novo xogador do Compos Mateo Lois proclamouse brillante vencedor do XVI Torneo Concello de Cangas – VI Memorial Amador na categoría Alevín, con claros triunfos sobre os seus rivais, cedendo unicamente un só set en todo o campionato.

Deste modo, pecha nha pretempada practicamente inmellorable, con tres medallas de ouro e unha de bronce nos catro torneos disputados en Galicia e Estremadura.